Falece Xerardo Fernández Albor

Hoxe soubemos con pesar do falecemento de Xerardo Fernández Albor (1917-2o18), primeiro presidende do goberno autonómico de Galicia entre 1982 e 1987 e eurodeputado entre 1989 e 1999. Médico de profesión, Fernández Albor fundou a compostelá clínica da Rosaleda arredor da cal trabou amizade cos primeiros círculos do galeguismo cultural da posguerra. Na actualidade estaba […]

Patricia Mallo recolle o I Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

O pasado venres, ás 20:30h, o auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal acollía a entrega do I Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro. No acto participaron a gañadora, Patricia Mallo, e os membros do xurado que escolleu Os Fantom como a primeira novela en ser distinguida co galardón: a escritora e académica Fina […]

Antón Fraguas: Letras Galegas 2019

  Antón Fraguas Fraguas, nado en Insuela, en Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, destacado historiador e antropólogo galeguista, foi escollido polo pleno da Real Academia Galega como o persoeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas do vindeiro ano 2019. Fraguas […]

Pirilampo gaña o Premio Rosalía de Castro de promoción da lingua galega

O Premio Rosalía de Castro da Lingua outorgado pola Deputación da Coruña recaeu nesta, a súa novena edición, na Galipedia, na categoría de colectivo, e no grupo musical Pirilampo, na modalidad de proxectos ou iniciativas que traballan con tramos de poboación de menor idade, infancia e xuventude. A nova, non nos podería alegrar máis, e […]

Nace Daguerrotipos, unha colección para salvagardar a memoria fotográfica galega

Publicada en colaboración coa plataforma Phottic, o primeiro volume da colección recolle fotografías da vila de Carballo entre 1900 e 1980 Carballo na memoria foi o título escollido para inaugurar a colección Daguerrotipos de Galaxia, un novo proxecto co que a Editorial pretende contribuír a salvagardar a memoria fotográfica de Galicia. Realizado en colaboración con […]

Fernando Castro Paredes recibe o Vidal Bolaño de textos teatrais

Este sábado, ás 19:00h, o Bar Liceum do Porriño acolleu o acto de entrega do premio do I Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño, do que resultou gañador hai un par de semanas Fernando Castro Paredes coa súa obra A derradeira bala. Un texto do que o xurado destacou o seu “tratamento do absurdo […]

Convócase o XII Premio de Narrativa Breve Repsol

Convocado pola Fundación Repsol, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia, o Premio de Narrativa Breve Repsol chega á súa 12ª edición. A dotación económica do premio ascende a 12.000 euros e inclúe a publicación da novela curta por parte da Editorial Galaxia na súa colección Literaria. As […]

Entrega do premio do I Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño

Este sábado, ás 19:00h, terá lugar no Bar Liceum do Porriño o acto de entrega do premio do I Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño, do que resultou gañadora hai un par de semanas Fernando Castro Paredes coa súa obra A derradeira bala. Ademais do gañador, intervirán no acto Francisco Castro, director xeral de […]