Nace a colección Pantallas

Nace a colección Pantallas da Editorial Galaxia coa publicación de Marcas na paisaxe o primeiro volume de Para unha historia do cinema galego, un traballo coordinado pola profesora e académica Margarita Ledo Andión. En 2012 finalizaba o proxecto de pesquisa Cine, diversidades e redes, que versou sobre as posibilidades de circulación do cinema en lingua […]
Galaxia inaugura a súa colección de Lectura Fácil

20.000 leguas baixo dos mares, o clásico de aventuras de Jules Verne con parada na baía de Vigo, foi o título escollido para inaugurar a colección de Lectura Fácil da Editorial Galaxia. Cunha adaptación realizada pola Asociación Juan XXIII, que xa leva desenvolvida unha intensa actividade arredor dos clubes de lectura fácil, a creación desta […]
Presentouse en Compostela O colapso territorial en Galiza

No serán de onte presentábase na libraría Couceiro de Santiago de Compostela O colapso territorial en Galicia, o libro co que Xosé Constenla gañou a XVII edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, organizado pola Editorial Galaxia en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Gas Natura Fenosa. Nunha sala […]
Xa nas librarías O país sen fronteiras

Xerardo AgraFoxo publica O país sen fronteiras, o seu segundo libro de literatura de viaxes despois do que dedicou á illa de Cuba. Combinando o testemuño persoal coa capacidade de observación do narrador, o coñecemento dos feitos históricos cos datos sobre a realidade, o autor narra un periplo de trinta días a través do Senegal. […]
Fernando Castro Paredes gaña o I Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño

Reunido nas oficinas da sede da Editorial Galaxia en Vigo esta mesma tarde, un xurado composto polos dramaturgos Sther F. Carrodeguas, Roi Vidal, Paula Carballeira e Manuel Núñez Singala, polo profesor Delio García Represas, e coa tamén dramaturga Raquel Castro como secretaria con voz, pero sen voto, decidiu declarar gañadora do I Certame de Textos […]
Chega ás librarías O colapso territorial en Galiza

Estes días comeza a cehgar ás librarías O colapso territorial en Galiza, o libro co que Xosé Constenla gañou o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2017, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa e o Centro Ramón Piñeiro. O xurado […]
Vence o prazo para presentar obras ao I Premio Carlos Mosteiro

Este venres, 1 de xuño, remata o prazo para presentar obras ao I Premio de Literatura Infatil Carlos Mosteiro. Convocado polo Concello da Pobra en colaboración coa Editorial Galaxia e Barbantia, o Premio Carlos Mosteiro nacía hai dous meses con dous obxectivos fundamentais: honrar a figura do escritor finado o pasado xullo de 2017, fortemente […]
Galaxia publica Versogramas: o primeiro documental sobre videopoesía

Estes días comeza a chegar ás librarías galegas Versogramas: un documental creativo arredor do panorama internacional da videopoesía que publica a Editorial Galaxia dentro da súa colección Libro-Cinema. Producido por Esferobite, coa coprodución da Televisión de Galicia, trátase do primeiro documental de longa duración en explorar o fenómeno da videopoesía, un xénero artístico de crecente popularidade, […]