Coas miñas mans: o novo traballo de Pablo Díaz

Categoría: Nova

Estes días comeza a chegar ás librarías galegas Coas miñas mans, o novo libro+cd de Pablo Díaz publicado na colección Sonárbore. Acompañado das ilustracións de Lucía Cobo, este é o cuarto traballo de Pablo Díaz dedicado ao público infantil e primario, onde se fixou especialmente na importancia da linguaxe xestual para os máis pequenos, de aí que as grandes protagonistas destas cancións vaian ser as mans. Coas mans podemos comunicarnos, escribir, debuxar, pintar, contar, sentir… Por iso hai aquí temas con certa vontade didáctica como “As mans”, “Os números”, “As vogais”, “As cores”; e outras máis lúdicas que falan da primavera, dos xogos, das mascotas ou de festas populares coma o San Froilán. En definitiva, cancións divertidas para medrar con alegría!
 

Compartir na redes sociais: