39 orixinais compiten no I Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

Categoría: Nova

O pasado venres 1 de xuño finalizaba o prazo para presentar obras ao I Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, convocado polo Concello da Pobra do Caramiña en colaboración coa Editorial Galaxia e Barbantia, e que nesta primeira edición conseguiu reunir 39 orixinais a concurso. Agora é a quenda do xurado, composto por Blanca Ana Roig Rechou, Fina Casalderrey e Francisco Castro, de ler e valorar as obras participantes. O título da gañadora, que levará 1.500 euros e será publicada no outono dentro da colección Árbore da Editorial Galaxia, coñecerémolo o vindeiro 3 de xullo.

Compartir na redes sociais: