Chega ás librerías o COCIDO SINFÓNICO de Os tres TENedORES

Estes días as librerías do país vanse encher coa aparición dun novo título da nosa colección de álbumes con música para os máis pequechos da casa. Desta volta serán Os Tres TENedORES os que nos agasallarán cunha pequena alfaia musical e de ilustración (responsabilidade de Dani Padrón) titulada COCIDO SINFÓNICO. Estamos diante dunha apaixonante viaxe […]

O filme "A Esmorga" estrea páxina web

Só resta un mes antes para que chegue á gran pantalla, a película "A Esmorga" (Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia). Dende esta semana conta xa cun espazo de seu na rede no enderezo www.aesmorgafilme.com. A película, baseadao na novela de Eduardo Blanco Amor, está dirixida por Ignacio Vilar e conta entre o seu elenco de […]

Presentación de 'Olympia Ring, 1934' en Betanzos

Hoxe venres 17 de outubro presentaremos a última novela de Xabier López López Olympia Ring, 1934, ambientada na Barcelona de outubro de 1934 e co mundo do boxeo como telón de fondo. O acto terá lugar na Sala Azul do edificio Arquivo ás 20,30 horas con intervención do presidente de Eira Vella, o escritor Antonio […]

Inauguración da exposición MANUEL GÓMEZ ROMÁN (1876-1964) ARQUITECTO E GALEGUISTA

No acto intervirán Abel Caballero Álvarez, Alcalde de Vigo e Alfonso Zulueta de Haz, Presidente da Fundación Penzol. O obxectivo da exposición é ofrecer unha ollada dende a Casa Galega da Cultura no 50 aniversario do seu pasamento. Exposición dedicada ao arquitecto Manuel Gómez Román, autor, na cidade olívica de obras emblemáticas como o edificio […]

Presentación do novo libro de Antón Dobao en Compostela

O escritor Antón Dobao estará na librería Cronopios de Santiago, o xoves 16 de outubro ás 20:00 horas, para presentar "As Ilusións Estrañas", un libro de relatos que vén de ser editado por Galaxia. No acto, o autor estará acompañado polo político Xosé Manuel Beiras e polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Estamos […]

Mércores de novidades editoriais

Mañá mércores a nosa editorial presentará dúas novidades editoriais. Por unha banda, o expresidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño estará en Vigo, na Casa do Libro, ás 20 horas, presentando o seu novo ensaio "Crise global e crise da política. Unha ollada dende Galicia", acompañado de Damián Villalaín, profesor da ESAD, e o director xeral […]