Estes días as librerías do país vanse encher coa aparición dun novo título da nosa colección de álbumes con música para os máis pequechos da casa. Desta volta serán Os Tres TENedORES os que nos agasallarán cunha pequena alfaia musical e de ilustración (responsabilidade de Dani Padrón) titulada COCIDO SINFÓNICO.
Estamos diante dunha apaixonante viaxe na que tres cociñeiros moi tolos van preparar un cocido a base de sinfonías de toda clase. Con sabor a rap, con sabor a rock. Todo anegado con moito humor. Un sinfonicocido de primeirísimo nivel.