A Fundación Penzol recibe dous poemas autografados de Xosé Velo Mosquera

A Fundación Penzol recibiu de Hixinio Araúxo Feijóo a doazón de dous poemas autógrafos de Xosé Velo Mosquera. Tratase da «Canzón dá Carceleiriña» e «Confirmación de fe». Xosé Velo Mosquera foi un dos galeguistas encargados de organizar as Mocidades Galeguistas en Celanova durante a II República e, durante a ditadura de Franco, participou no histórico […]

Xa podes ver un dos tráilers de A ESMORGA

Será o vindeiro 21 de novembro cando A ESMORGA, a película que coproducen Vía Láctea Filmes e Editorial Galaxia chegue ás salas de cine de todo o país. Mentres non chega ese día, deixámosche na ligazón á dereita destas liñas dun dos tráilers desta fita baseada na novela de Eduardo Blanco Amor.

Presentación do novo libro de Emilio Pérez Touriño en Ourense

Sigue a xeira de presentacións do novo libro de Emilio Pérez Touriño. Desta volta será mañá en Ourense onde CRISE GLOBAL E CRISE DA POLÍTICA. UNHA OLLADA DESDE GALICIA será presentada, no Liceo ás 20.15. Acompañarán ao autor Xavier Casares e Víctor F. Freixanes. Este libro é, na nosa web, o LIBRO DO MES. Na […]

No pasamento de Begoña Caamaño

A nova sacuduinos coma un lóstrego fatal na mañá de hoxe luns. Logo dunha batalla dura e valente contra da enfermidade, Begoña Caamaño finaba na mañá deste luns 27 de outubro. En días vindeiros sucederanse actos na súa lembranza dos que iremos informando convintemente. Begoña Caamaño era, sen lugar a dúbidas, unha das voces máis […]

"COCIDO SINFÓNICO" xa está dispoñible no iTunes e en Spotify

Como vimos facendo dende hai moito tempo, en plataformas de distribución de música como Spotify ou iTunes van aparecendo as músicas dos libro-discos que imos publicando na colección Sonárbore. Hai unhas semanas chegaba ás librerías de todo o país o COCIDO SINFÓNICO de Os Tres Tenedores na versión libro-disco, un mollo moi divertido de cancións […]

Máis ecos na prensa do desembarco de Mar Maior

Sería imposible, por longo, facer un listado completo do amplísimo eco que na prensa española e iberoamericano, ademais de na galega, tivo a presentación do proxecto Mar Maior o pasado mércores na Casa del lector de Madrid. Entre outros moitos medios, Infohispano, Televisión de Galicia, Europapress, El Periódico, Hoy Es Arte, e outros moitos máis, […]

Presentación de UNHA VIAXE POLO MUNDO NA CORUÑA

As Maimiñas presentarán o seu novo libro-disco UNHA VIAXE POLO MUNDO na Biblioteca da Asociación de Veciños de Monte Alto ás 18 horas. "Unha viaxe polo mundo" conta a historia de como As Maimiñas decidiron ir unha tarde de paseo e, sen decatarse, foron chegaron a distintos países. Os nenos e nenas que asistan poderán […]