Mañá mércores a nosa editorial presentará dúas novidades editoriais.
Por unha banda, o expresidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño estará en Vigo, na Casa do Libro, ás 20 horas, presentando o seu novo ensaio "Crise global e crise da política. Unha ollada dende Galicia", acompañado de Damián Villalaín, profesor da ESAD, e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes.
Por outra banda, en Betanzos, o escritor Xesús Fraga presentará a novela que se fixo merecente do Premio Raíña Lupa do ano pasado e titulada REO. O acto será ás 20 horas en Casa Castillo. Falarán o editor Francisco Castro, Xosé Luís Mosquera e o autor, e haberá unha demostración de graffiti en directo cos escritores da Crew Betanceira Camborios Art. A presentación celebrarase en colaboración coa libraría Biblos.