Só resta un mes antes para que chegue á gran pantalla, a película "A Esmorga" (Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia). Dende esta semana conta xa cun espazo de seu na rede no enderezo www.aesmorgafilme.com.
A película, baseadao na novela de Eduardo Blanco Amor, está dirixida por Ignacio Vilar e conta entre o seu elenco de actores cos galegos Miguel de Lira e Antonio Durán "Morris" e co intérprete vasco Karra Elejalde. Na web desta longametraxe pode atoparse diversa información sobre ela e tamén imaxes.
"A Esmorga" proxectarase por vez primeira na apertura do 19º Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) o sábado 15 de novembro. Sen embargo, a estrea comercial en salas de cine de toda Galicia non terá lugar ata o venres 21 de novembro.