Presentación de VAGALUME DE VERSOS en Bandeira (Pontevedra)

A escritora María Canosa presentará o seu novo libro VAGALUME DE VERSOS acompañada do escritor David Otero e do editor Francisco Castro na librería 'A casiña dos contos'. Sobre este libro, no prestixioso blogue especializado n LIX BRABÁDEGOS dise: " Este volume é coma un verme de luz, un Vagalume de versos, fermosos, atraentes, unha […]
Presentouse TES ATA AS 10 en Santiago

Onte a librería Cronopios encheuse para a presentación do novo libro de Francisco Castro, a novela TES ATA AS 10. A encargada da presentación foi a crítica literaria Montse Pena Presas quen debullou as claves da novela ao tempo que relacionou "esta novela de amor e de amores" no conxunto da obra de Castro. Salientou […]
Presentación do novo libro de Benigno Campos en Ourense

Mañá xoves en Ourense, na librería Nobel, o cociñeiro do programa LARPEIROS da Televisión de Galicia presentará o seu novo libro COCIÑANDO CON BENIGNO CAMPOS. Todas as persoas que se acheguen ao acto serán convidadas a un viño Martín Códax. Este é o cuarto libro dun dos autores que máis éxito teñen acadado en vendas […]
Presentación do novo libro de Francisco Castro en Santiago

Acompañado do director de edicións de Galaxia, Carlos Lema e da crítica literaria especialista en literatura infantil e xuvenil Montse Pena Presas, o escritor Francisco Castro presentará a súa nova novela TES ATA AS 10. Dende que saiu hai quince días, esta novela está a chamar poderosamente a atención dos lectores e lectoras pola súa […]
Estreouse A ESMORGA en Ourense

Foi unha noite desas para non esquecer nunca. O Auditorio da cidade de Eduardo Blanco Amor absolutamente cheo. Mil persoas pendentes da inauguración do Festival Internacional de Cine de Ourense, o xa mítico OUFF, mais, sobre todo, pendentes do instante no que A ESMORGA, a película de Ignacio Vilar producida por Vía Láctea Filmes e […]
Presentación 'As ilusións estrañas', de Antón Dobao, en Vigo

Editorial Galaxia e Andel organizan a presentación do libro 'As ilusións estrañas', de Antón Dobao. No acto, no que participará Alberto Lema, Carlos Lema e autor, celebrarase o martes 18 de novembro, ás 20 horas en Andel Libraría (Camelias, 102. Vigo). Antón Dobao é escritor, guionista e director de cine. Logo dun certo silenzo narrativo […]
Concerto de AS MAIMIÑAS en Vigo

As Maimiñas seguen coa súa rolda de concertos de presentación do seu primeiro libro-disco na colección Sonárbore de Galaxia, UNHA VIAXE POLO MUNDO. Desta volta, aterran en Libros Para Soñar de Vigo. Unha vez máis, Mai e Miña darán a volta ao noso planeta axudadas por cancións típicas dos lugares que visitan. Unha oportunidade única […]
Estrea mundial de A ESMORGA

Será contra das 20.30 horas e no marco do 19 Festival de Cine Internacional de Ourense cando 'A Esmorga', dirixida por Ignacio Vilar e coproducida por Vïa Láctea Filmes e Editorial Galaxia se estreará, abrindo, de paso, o festival oficialmente. Estamos, sen dúbida, diante dun fito dentro da historia da cultura de Galicia. O libro […]