Editorial Galaxia e Andel organizan a presentación do libro 'As ilusións estrañas', de Antón Dobao. No acto, no que participará Alberto Lema, Carlos Lema e autor, celebrarase o martes 18 de novembro, ás 20 horas en Andel Libraría (Camelias, 102. Vigo).
Antón Dobao é escritor, guionista e director de cine. Logo dun certo silenzo narrativo regresa ao relato seis anos despois de publicar 'Incertos', e faino con 'As ilusións estrañas', un mollo de trece relatos nos que o autor investiga o lado oculto do cotiá, a face extraordinaria e por veces desacougante que se agocha nas aparencias.