Presentación da nova novela de María Xosé Queizán en Ourense

A escritora María Xosé Queizán presentará a súa nova novela A BONECA DE BLANCO AMOR o luns 1 de decembro, no Salón Nobre do Liceo de Ourense, nun acto no que estará acompañada polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. A presentación enmárcase dentro dos actos organizados polo Centro Pen de Galicia baixo do […]
Presentación do novo libro-disco de PIRILAMPO en Vigo

O grupo de música infantil PIRILAMPO leva moitos anos facéndonos gozar do seu traballo musical dirixido aos máis pequenos e pequenas polos escenarios do país. Agora desembarcan na colección Sonárbore para ofrecernos LUCECÚS, un fermoso traballo cheo de cancións plagadas de ritmo e letras divertidas, na liña do bo facer que xa lles coñecemos. O […]
Santiago Lopo recibe o Premio de novela Repsol

A diagonal dos Tolos. Catro maratóns xuntos. Case 180 kilómetros de carreira heroica, atravesando selvas, caeiras volcánicas, barrancas e cavorcos, na illa de Reunión, no océano Pacífico. "A diagonal dos Tolos", novela de Santiago Lopo (Vigo, 1974) que mereceu o premio Repsol na súa última convocatoria, é un relato baseado nun contexto real: unha competición […]
Presentación do novo libro de Benigno Campos en Pontevedra

Este xoves en Pontevedra, na librería Nobel, o cociñeiro do programa LARPEIROS da Televisión de Galicia presentará o seu novo libro COCIÑANDO CON BENIGNO CAMPOS. Todas as persoas que se acheguen ao acto serán convidadas a un viño Martín Códax. Este é o cuarto libro dun dos autores que máis éxito teñen acadado en vendas […]
Entrega do Premio Repsol na Coruña

O escritor Santiago Lopo recibirá este mércores o premio pola súa novela A DIAGONAL DOS TOLOS. No acto, que se celebrará na Fundación Paideia e durante a cal haberá un recital de nenos da Orquestra Sinfónica de Galicia participarán, canda o autor, o Conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, o Vicepresidente de Fundación Repsol, César Gallo, […]
Presentación do novo libro de Benigno Campos en Bueu

COCIÑANDO CON BENIGNO CAMPOS presentarase en Casa Quintela de Bueu (Rua Eduardo Vincenti, 24) este martes ás 20 horas, nun acto organizado en colaboración coa librería Miranda. Este é o cuarto libro dun dos autores que máis éxito teñen acadado en vendas en Galicia en todos os tempos. Parte do éxito pode explicarse nas palabras […]
Presentouse o novo libro de María Canosa

O novo poemario de María Canosa, titulado 'Vagalume de versos' e que acabamos de publicar na colección Árbore foi presentado o pasado venres nunha ateigada Casiña dos Contos en Bandeira. A librería quedou pequena para acompañar á escritora que estivo abeirada polo tamén escritor David Otero e o editor Francisco Castro. David Otero fixo as […]
Concerto de AS MAIMIÑAS en Vigo

AS MAIMIÑAS ofrecerán este sábado un concerto solidario a beneficio da Asociación Aulas Abertas, e centrado no seu libro-disco UNHA VIAXE POLO MUNDO. Un proxecto musical para un proxecto solidario e que busca axudar a que os máis pequenos e pequenas poidan ter un Nadal un chisco mellor dentro do posible. O acto celebrarase no […]