A escritora María Canosa presentará o seu novo libro VAGALUME DE VERSOS acompañada do escritor David Otero e do editor Francisco Castro na librería 'A casiña dos contos'.
Sobre este libro, no prestixioso blogue especializado n LIX BRABÁDEGOS dise: " Este volume é coma un verme de luz, un Vagalume de versos, fermosos, atraentes, unha estrela no xardín que fai a cama entre as follas, un Carballo rexo ao que no souto lle temos respecto, un Papaventos de ollos pintados. Son anaquiños de Nada, un Biscoito no forno para o almorzo de mañá con anacos de noces; é unha Abella, unha Viaxe, a Herba mol e unha Pelota canda a Lúa e o Sol.
Un magnífico traballo para pequenos na colección Árbore de Galaxia para cativos de oito anos que no souto recomendaríamos para todas as idades se a lectura a guía un adulto con amor, como ten que ensinarse a poesia ou con dozura e un sorriso, a mesma que nos transmite a autora".