Será contra das 20.30 horas e no marco do 19 Festival de Cine Internacional de Ourense cando 'A Esmorga', dirixida por Ignacio Vilar e coproducida por Vïa Láctea Filmes e Editorial Galaxia se estreará, abrindo, de paso, o festival oficialmente.
Estamos, sen dúbida, diante dun fito dentro da historia da cultura de Galicia. O libro de Blanco Amor, cumio absoluto da nosa produción literaria e escollida unanimemente como o texto máis importante da nosa narrativa, é levada agora á gran pantalla por un equipo magnífico que soubo captar a esencia máis profunda desta historia que protagonizan Karra Elejalde, Antonio Durán "Morris" e Miguel de Lira nos tres personaxes principais.
O día 21 chegará a todas as salas de cine do país logo deste sábado iniciar a súa navegación.
O equipo da Editorial Galaxia ten máis que bos motivos, dende logo, para irse o sábado de esmorga…