Galaxia no Culturgal

Dende mañá venres e ata o domingo celebrarase en Pontevedra o Culturgal, a gran feira das Industrias Culturais e na que, como cada ano, a Editorial Galaxia terá un protagonismo esencial coa celebración de doce actos que comprenden dende a música infantil ás conversas cos autores pasando por ceas temáticas. Deixamos aquí a programación para […]
Presentación do novo libro de Benigno Campos en Vilagarcía

Mañá xoves presentaremos en Vilagarcía o libro COCIÑANDO CON BENIGNO CAMPOS na Librería Nobel. Todos os asistentes, ademais de poder partillar co famoso cociñeiro do programa da TVG, 'Larpeiros', poderán degustar un viño por cortesía da adega Martín Códax. Este é o cuarto libro dun dos autores que máis éxito teñen acadado en vendas en […]
Entrevista con María Solar

A fin de semana arrincaba coa boa nova da concesión do Premio Lazarillo á escritora María Solar, pola súa novela infantil, que Galaxia publicará no primeiro trimestre de 2015, ilustrada por María Lires, O MEU PESADELO FAVORITO. A nova colleuna case que subindo ao avión camiño da Feira Internacional do Libro de Guadalajara, en México. […]
Concerto de Luis Emilio Batallán na Coruña

Luis Emilio Batallán presentará no CENTRO SOCIOCULTURAL AFUNDACION (Cantón Grande, s/n ), en concerto, o seu libro-disco HABÍA QUE CHEGAR. O prezo da entrada é de 10 euros. Luis Emilio Batallán, o artista responsable do disco con maior éxito de todos os tempos da música galega, ofrece mañá o concerto de presentación do seu libro-disco, […]
"A boneca de Blanco Amor"

A segredo da boneca de porcelana que aparece en A Esmorga, no pazo dos Andrada, e que provoca en parte o transtorno psicolóxico e emocional do Bocas, está en Chile, nunha historia de amor e distanciamentos entre un emigrante galego e unha rica herdeira de ascendencia alemana. María Xosé Queizán ven de publicar unha nova […]
Presentouse LUCECÚS en Vigo

O pasado sábado os Pirilampo, armados de camisetas e moi boa música, encheron a sala da Casa do Libro de nenos e nenas e familias dispostas a deixarse enchoupar dos aires festivos do seu primeiro traballo na colección Sonárbore, LUCECÚS. O ilustrador, Federico Fernández, quixo tamén estar presente neste primeiro concerto de presentación e se […]
A escritora María Solar gaña o Premio Lazarillo 2014

O pasado venres, o xurado do Premio Lazarillo 2014, o galardón máis antigo do estado e o de máis prestixio dentro da LIX, decidiu outorgar á obra O MEU PESADELO FAVORITO, de María Solar, o premio correspondente a este ano. A obra de María Solar alzouse sobre o case centenar de libros presentados. Será publicada […]
Entrevista con María Solar
A fin de semana arrincaba coa boa nova da concesión do Premio Lazarillo á escritora María Solar, pola súa novela infantil, que Galaxia publicará no primeiro trimestre de 2015, ilustrada por María Lires, O MEU PESADELO FAVORITO. A nova colleuna case que subindo ao avión camiño da Feira Internacional do Libro de Guadalajara, en México. […]