Luis Emilio Batallán presentará no CENTRO SOCIOCULTURAL AFUNDACION (Cantón Grande, s/n ), en concerto, o seu libro-disco HABÍA QUE CHEGAR. O prezo da entrada é de 10 euros.
Luis Emilio Batallán, o artista responsable do disco con maior éxito de todos os tempos da música galega, ofrece mañá o concerto de presentación do seu libro-disco, publicado en Galaxia, HABÍA QUE CHEGAR.
O artista chega A Coruña tras ofrecer concertos en La Habana, Santiago de Compostela, Forcarei, Lalín, Moaña, Caldas, Celanova e Náutico de San Vicente do Mar.
Con "Quen puidera namorala" baseado no poema "No niño novo do vento" entre outros. Batallán presentará un concerto en formato íntimo-acústico no que cantará e tocará temas de onte e de hoxe.
Dentro de pouco, Luis Emilio cumprirá corenta años dende que sacou o seu primeiro disco: "Aí ven o maio". Ese que o lanzou á fama a mediados da década dos 70 ´ e que o converteu no disco galego máis vendido de todos os tempos.
Batallán estivo presente nos escenarios durante catro décadas de música con álbums recoñecidos como "Ballet da nena", "Eres un fármaco" e en 2007, "Tu retrato".
Luis Emilio é coñecido polo público pola súa habilidade ao musicalizar poemas de grandes referentes da literatura galega como Rosalía de Castro (no seu novo disco incorpora o tema "Adeus ríos, adeus fontes" con Pablo Milanés), Celso Emilio Ferreiro (o tan famoso tema "Agardarei") ou Álvaro Cunqueiro (un dos seus grandes éxitos)
O intérprete regresa aos escenarios cun traballo máis íntimo, máis coidado e máis persoal no que introduce ritmos jazz e blues. Gravado e editado en Estados Unidos, Cuba, Suíza e España.