Dende mañá venres e ata o domingo celebrarase en Pontevedra o Culturgal, a gran feira das Industrias Culturais e na que, como cada ano, a Editorial Galaxia terá un protagonismo esencial coa celebración de doce actos que comprenden dende a música infantil ás conversas cos autores pasando por ceas temáticas.
Deixamos aquí a programación para estas tres xornadas de mañá, tarde e noite que servirán para amosar a forza e enerxía das empresas culturais galegas.
GALAXIA NO CULTURGAL 2014
PROGRAMACIÓN INFANTIL
+++ESTAMOS NO VERÁN. Xoan Curiel SÁBADO, ESPAZO INFANTIL. 12.15 H
+++UNHA VIAXE POLO MUNDO. As Maimiñas. SÁBADO, ESPAZO INFANTIL. 16.30 H
+++PITUSA SEMIFUSA. Olga Brañas. SÁBADO. ESPAZO INFANTIL. 19.30 H
+++XIQUI XOQUE FIÚ FIÚ! DOMINGO, AUDITORIO DO PAZO DE CONGRESOS. 12 H, ENTRADA: 4 euros
+++ESTACIÓN NADAL. DOMINGO. ESPAZO INFANTIL. 13.30 H.
+++LUCECÚS. Pirilampo. DOMINGO. ESPAZO INFANTIL. 17.30 H.
CONVERSAS DE SALÓN:
VENRES DE 19 a 20 h
Conversa con Francisco Castro arredor da súa nova novela TES ATA AS DEZ
Conversa con Manuel Núñez Singala arredor da súa nova novela INSTRUCIÓNS PARA TOMAR CAFÉ
Conversa con Antón Dobao sobre a súa nova obra AS ILUSIÓNS ESTRAÑAS
SÁBADO DE 20,15 a 20:45
Conversa con Alberto Ramos, Premio de Novela García Barros 2014 sobre a súa novela MÁSCARAS ROTAS PARA SEBASTIAN NELL
Conversa con Santiago Lopo, Premio Repsol de Novela Breve 2014 sobre a súa novela A DIAGONAL DOS TOLOS.
CEAS TEMÁTICAS
Cea con Benigno Campos o sábado dende as 21.30. Cómpre reservar en info@culturgal.com, info@elrincondelosmomentos.com ou no teléfono 667 005 584.