A edición de libros creceu en Galicia un 3,1 % no 2014

Categoría: Nova

No pasado 2014 o sector editorial español volveu experimentar un descenso importante, mais, en Galicia, a edición creceu en número de títulos. Concretamente, os datos que nos ofrece a a Axencia do ISBN, que leva conta de todas as referencias aparecidas no ano, que se produciu unha redución do 2,5 % con respecto ao ano anterior no conxunto do estado mais, na comunidade galega a tendencia foi a inversa, ao pasar dos 2.083 títulos do 2013 aos 2.274 do ano pasado.
No eido dixital, os títulos duplícanse ao respecto do 2013, o que indica claramente a auxe que está a coller este tipo de edición a pesar do marxinal que resulta aínda no conxunto da facturación global das editoriais galegas.
Xa que logo e a pesar das dificultades gravísimas polas que está pasando o sector, as empresas editoriais galegas van navegando…

Compartir na redes sociais: