Xiqui Xoque, Fiú fiú!, libro infantil e xuvenil do ano

Os XXIV Premios Irmandade do Libro que se entregaron este sábado na Cidade da Cultura recoñeceron Xiqui Xoque, Fiú fiú! (Galaxia) como libro infantil e xuvenil do ano. Rui, Uxía e toda a familia Fumaça conducen este tren dirixido pola locomotora máis famosa do mundo, a máis marchosa, a máis chea de vida e alegría […]
Presentación da nova novela de Clara do Roxo en Vigo

A escritora Clara do Roxo presentará a súa nova novela, A MAMÁ QUE PERDEU AS CÓXEGAS o vindeiro luns 16 de marzo ás 20 horas no Café De Catro a Catro. Trátase dunha historia sobre unha familia na que unha nai, experta en rir e rir e rir gozando das cóxegas, xa non o fai. […]
Editorial Galaxia publica o libro-cinema A CICATRIZ BRANCA

Na primeira metade do século XX, milleiros de mulleres saíron soas de Galicia cara a América. Moitas delas eran ilegais, con papeis que falsificaban a súa idade e mesmo a súa identidade. Historias ordinarias como a de Merce, destinada a servir e, entre luscose fusco, despedida. Sen lugar onde ir nin a quen acudir, Merce […]
A Esmorga obtén 16 candidaturas aos Mestre Mateo

A longametraxe A Esmorga, baseada na novela homónima de Eduardo Blanco Amor, conta con 16 nominacións nos Premios Mestre Mateo 2015, o que a convirte na obra con máis candidaturas da presente edición. A película, dirixida por Ignacio Vilar e coproducida por Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia e TVG, opta a premio en 13 das […]
Máscaras rotas para Sebastian Nell en Betanzos

O escritor e xornalista Alberto Ramos presentará a súa última novela, Máscaras rotas para Sebastian Nell, coa que gañou o Premio García Barros 2014, mañá xoves 12 de marzo ás 20h na Librería Biblos de Betanzos, na compaña do escritor, xornalista e libreiro Tucho Calvo. Alberto Ramos traballa como xornalista freelance para medios de comunicación […]
Xa aberto o prazo para o concurso INSPIRACIENCIA

Dende onte está aberta a convocatoria da quinta edición de Inspiraciencia, concurso de relatos de inspiración científica, que organiza o Consello Superior de Investigacións Científicas co patrocinio da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología. Inspiraciencia é unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dun xeito lúdico e participativo. Pretende ser un espazo aberto […]
O feminismo galego reivindica a Begoña Caamaño

O feminismo galego reinvidicou este 8 de marzo aa figura de Begoña Caamaño, tristemente falecida o pasado mes de outubro. Loitadora incansable polos dereitos das mulleres, Begoña Caamaño é reivindicada polas súas compañeiras feministas como un símbolo de "muller sol": Circe, Morgana, cómplice, eterna amiga, libre, creadora, dona do seu propio destino e defensora do […]
O verán chega a Pontevedra este domingo da man de Xoán Curiel

Estamos no Verán é a primeira novela-disco da literatura galega. Un diario que nos conta a historia dun grupo de amigos cun grande soño: crear un grupo de música. Editado por Galaxia e destinado ao público preadolescente, Estamos no verán é moito máis que un libro. Así, sobre un texto de Charo Pita, e con […]