Dende onte está aberta a convocatoria da quinta edición de Inspiraciencia, concurso de relatos de inspiración científica, que organiza o Consello Superior de Investigacións Científicas co patrocinio da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología.
Inspiraciencia é unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dun xeito lúdico e participativo. Pretende ser un espazo aberto a todos onde pensar e imaxinar a ciencia, desde a ficción. Como cada ano, mentres o concurso estea aberto, organízase un ciclo de charlas en torno ás relacións entre ciencia e literatura que este ano segue o fío condutor feminino: 'Científicas, escritoras, lectoras. Nas fronteiras da ciencia e a literatura' explorará os territorios fronterizos das ciencias e as letras por onde transitou a mirada atenta das mulleres. O programa complétase coa proposta no aula 'Quen creou Frankenstein?', para traballar de forma interdisciplinaria a novela de Mary Shelley.
Un ano máis a Editorial Galaxia colabora na organización do Concurso de relatos de inspiración científica. O prazo quedou aberto onte.
Máis información en www.inspiraciencia.es