Xiqui Xoque, Fiú fiú!, libro infantil e xuvenil do ano

Categoría: Nova

Os XXIV Premios Irmandade do Libro que se entregaron este sábado na Cidade da Cultura recoñeceron Xiqui Xoque, Fiú fiú! (Galaxia) como libro infantil e xuvenil do ano. Rui, Uxía e toda a familia Fumaça conducen este tren dirixido pola locomotora máis famosa do mundo, a máis marchosa, a máis chea de vida e alegría que nunca se viu.

Os galardóns, promovidos pola Federación de Librarías de Galicia para distinguir e homenaxear as persoas, institucións e colectivos sociais que cada ano desenvolven un traballo de creación, promoción, divulgación e dinamización do libro e da lectura, distinguiron tamén a escritora Yolanda Castaño como autora do ano; os Contos do mar de Irlanda (Xerais) de Xurxo Souto como libro do ano; o IES Castro Alobre de Vilagarcía como centro de ensino; a editorial Alvarellos polo fomento da lectura; e Urco Colección Gótica como Obra editorial. Na modalidade de librarías foi premiada O Pontillón mentres que a La Región mereceu o recoñecemento de honra dos Premios Irmandade do Libro.

Compartir na redes sociais: