O escritor Manuel Núñez Singala presentará, acompañado de Arturo Ponte en representación da editorial Galaxia, o seu novo libro INSTRUCIÓNS PARA TOMAR CAFÉ.
Esta obra está a ser unha das novidades literarias máis exitosas do panorama galego ao conseguir varias edicións e moi pouco tempo. Un mollo de relatos, breves, algúns de poucas liñas, que engaiolan ao lector ou lectora ás veces pola súa retranca, ás veces pola súa carga poética e sempre, sempre, pola ollada singular dun dos autores cunha voz máis singular das letras de nós.