María Rosa Lojo presenta en Galicia "A fin da terra"

"Gustaríame que meu pai, onde queira que agora estea, puidese oírme e presenciar este acto". Moi emocionada, María Rosa Lojo falou do libro e, sobre todo, da memoria do seu pai, xa falecido, nunha noite de forte choiva que non impediu que o público enchese o Café Casino de Santiago de Compostela. Entre os asistentes […]

A Federación de Libreiros de Galicia premia a Teresa Moure como a mellor autora do ano

A Federación de Libreiros de Galicia concedeulle a Teresa Moure o premio "Irmandade do libro" no apartado de "Autora do ano" como recoñecemento á súa obra ensaística e de ficción. Teresa Moure é doutora en Lingüística Xeral e exerce a docencia nas facultades de Filosofía e Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Na súa […]

UNHA HOMENAXE AO CASARES XORNALISTA

O Casares xornalista, o escritor dos pequenos detalles e do día a día fica agora entre as páxinas de Á marxe, 1992. Obra xornalística I e Á marxe, 1993. Obra xornalística II, dous volumes dedicados a recoller os artigos publicados diariamente polo escritor no periódico La Voz de Galicia durante os anos 1992 e 1993 […]

Xesús Constela debuta «desde a calidade» na literatura galega

"Unha nova estrela na Constelación de Galaxia". Así definía o pasado 6 de outubro o editor Víctor Freixanes a Xesús Constela durante a presentación da ópera prima deste último, , que se ergueu en decembro co Premio Torrente Ballester da Deputación da Coruña. O seu Presidente Salvador Fernández Moreda, a súa satisfacción pola consolidación do […]

Dolores Ruiz gaña o Blanco Amor coa novela [i]A illa ignorada[/i]

A illa ignorada é a primeira novela para público adulto desta escritora ata agora coñecida pola súa produción de literatura infantil. Deuse a coñecer en 1998 ao gañar o Premio Barco de Vapor con A lenda do capitán Miñoca, o seu debut. En Editorial Galaxia ten publicado o seu libro Historia do bico Simón. Ademais […]

Falece o destacado galeguista Agustín Sixto Seco

A capela ardente está instalada na igrexa de San Domingos de Bonaval. Mañá venres celebrarase o funeral na igrexa de San Francisco, en Santiago de Compostela, para logo ser soterrado no cemiterio de Boisaca. Tralo seu pasamento, numerosos representantes da cultura e da sociedade galega expresaron o seu pesar polo pasamento do intelectual galeguista. Ademais […]