Recuperan a Ramón Piñeiro mirado por Casares
Ramón Piñeiro López nace na parroquia de Armeá de Láncara en Lugo no ano 1915. Dende mozo interviu no movemento galeguista e xa en 1932, en plena II República, entra en relación con círculos galeguistas lucenses, coa que participará na fundación da Mocidade Galeguista Local. Ao ano seguinte asiste á Asemblea do Partido Galeguista, onde […]
Galaxia e Xosé Monteagudo presentan en Pontevedra no Café Moderno "Esta historia".

Carlos Lema, Antón Sobral e Xesús Constela acompañan ao escritor de Moraña na presentación da súa última novela Esta historia que Galaxia acaba de sacar do prelo. Monteagudo foi Premio Blanco Amor de novela no ano 2002 coa obra As voces da noticia, tamén editada por Galaxia. Nesta nova novela o morañés descóbrenos o que […]
Galaxia publica en galego a última novela de Auster, [i]Brooklyn Follies[/i].

Brooklyn Follies aparece uns días antes en galego que nas súas versións en catalán e castelán. Galaxia adiántase ao lanzamento nas outras dúas linguas. Nesta novela un xubilado enfermo, Nathan Glass, relata a súa intención de mudarse ao barrio de Nova York para pasar con tranquilidade os seus derradeiros días, pero o destino e o […]
Tres autores de Galaxia son galardonados cos Premios da Crítica

Máis de corenta membros de seis xurados diferentes decidiron o pasado sábado 6 de maio de 2006 no Hotel Mondariz de Mondariz Balneario os galardóns da XXIX dos Premios da Crítica de Galicia nas modalidades de creación literaria, investigación, ensaio e pensamento, música, ciencias e artes da representación e iniciativas culturais. No primeiro destes apartados […]
Galaxia edita o último número do "Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos" que se abre cunha avaliación crítica da obra literaria de Lupe Gómez
Galaxia convoca unha mesa redonda arredor da tradución en Galicia.

Editorial Galaxia convoca na Feira do Libro de Compostela unha mesa redonda para abrir un dialogo, unha reflexión compartida, un debate sobre o momento que está a vivir a tradución de obras doutras literaturas no panorama literario galego do momento. Esta cita en Compostela cos libros ao aire reúne motivos abondo para non ignorala. Un […]
Galaxia lanza a edición en galego do Terceiro Premio de Novela Europea.

O día 19 de abril de 2006 presentouse no Casino de Santiago o III Premio de Novela Europea concedido ao libro Xuntos e máis nada editado por Galaxia. O concorrido acto contou coa asistencia da autora, Anna Gavalda, que viaxou a Compostela expresamente para recoller o seu galardón. O certame suma enteiros coa repetición por […]
Dúas obras de Galaxia son traducidas ao portugués por Deriva Editores

Antón Riveiro Coello e Xurxo Borrazás atópanse xa nos andeis das librarías portuguesas. As rolas de Bakunine é o título en portugués da obra do escritor da Limia que ten vendidas en galego xa catro edicións e que ademais acadou o Premio García Barros de novela no ano 2000. A edición portuguesa de Deriva inclúe […]