Galaxia co obxectivo de normalizar a lingua e achegar aos lectores galegos a literatura novísima de todo o mundo acaba de sacar do prelo Brookyn Follies e ten previsto editar nas vindeiras semanas un mangado de gorentosas novidades. Ademais dun libro de memorias do debuxante Hugo Pratt (creador de Corto Maltés) e unha novela de Nélida Piñón, Galaxia dá á luz nos vindeiros días de abril Cruceiro de verán de Truman Capote, coa tradución de Carlos Acevedo e Eva Almazán, unha novela inédita que hai pouco que apareceu nunha poxa de Sotheby's, unha das cousas que o escritor deixara nunha das súas primeiras casas de Nova York.
Para lectura de verán Galaxia ofrecerá Vredaman do vasco Unai Elorriaga. Para temperar a chagada do outono Galaxia propoñeralle ao lector mergullarse no libro misceláneo Camposanto, relatos ambientados en Córcega e ensaios sobre literatura e escritores de W. G. Sebald, a primeira tradución ao galego do escritor de Baviera.