Ilustrados

Novos espazos se abren na rede, coma este, para dar voz aos que habitualmente non a usamos; aos que falamos a linguaxe das cores, das formas, e dos volumes. Espazos abertos a esa linguaxe, a dos ilustradores, que, sen palabras, pode dicilo todo, sentilo todo. Unha linguaxe que tamén comprenden os que non saben aínda […]

Galaxia recupera as memorias de Franco Grande

Galaxia publica Os anos escuros nunha nova edición moi ampliada. Franco Grande é capaz de transmitir aos lectores o ambiente do que foi a resistencia cultural dunha xeración en plena ditadura franquista. A renovación da Real Academia Galega, o papel de figuras como Ramón Piñeiro, Borobó e Domingo García-Sabell e a evolución do galeguismo ata […]

Editada a Obra Literaria Completa de Fole

Como a maioría dos autores galegos da súa época, Ánxel Fole (Lugo 1903-1986) comezou escribindo en castelán e continuou utilizando esta lingua durante o resto da súa vida. O lector xa coñece a súa produción en galego reunida nos dous volumes da súa Obra Completa publicados por primeira vez no 97; por iso agora facíase […]

O historiador Ramón Villares presenta hoxe en Ferrol 'A historia de Galicia'

O libro recolle datos do Lugo romano, a Compostela de Xelmírez, a Pontevedra dos mareantes e mercadores, o Ferrol ilustrado, a Coruña medieval, o Vigo industrial e o Ourense da Xeración Nós. Asemade, tamén se fala no volume de Villares das épocas do humanismo e dos Austrias, da Galicia sueva, do caciquismo e do período […]

Para que entre e saia o aire

Abrimos esta fiestra para que as nosas letras, os nosos autores e as nosas autoras, os nosos creadores en xeral, teñan novos espazos para voar. Para voar cara adentro e para voar cara a fóra. Nos territorios da mundialización, a tecnoloxía permítenos chimpos impensables hai vinte anos. Editorial Galaxia naceu en 1950 cunha idea moi […]

Homenaxe a Avelino Pousa en Láncara

Ramón Villares escribiu a laudatio do homenaxeado, suliñando tres características da súa personalidade: a súa condicion de mestre, formado na tradición da Segunda República; a súa vocación agrarista, que empezou a desenvolver arredor da Escola Barreiros en Lugo e que experimentou tamén en Canarias e Zaragoza, e a súa entrega a causa do galeguismo, promotor […]

25 anos de cultura galega

A exposición, que nace con vocación itinerante, está patrocinada por Caixanova, pola Presidencia da Xunta de Galicia, pola Consellería de Cultura e Deporte e mais polo Consello da Cultura Galega, que é a institución que a promove, coincidindo cos actos conmemorativos do seu XXV aniversario. Os comisarios de Galicia 25. Unha cultura para un novo […]