Homenaxe a Avelino Pousa en Láncara

Categoría: Nova

Ramón Villares escribiu a laudatio do homenaxeado, suliñando tres características da súa personalidade: a súa condicion de mestre, formado na tradición da Segunda República; a súa vocación agrarista, que empezou a desenvolver arredor da Escola Barreiros en Lugo e que experimentou tamén en Canarias e Zaragoza, e a súa entrega a causa do galeguismo, promotor da frustada recuperación do Partido Galeguista despois da morte do xeneral Franco, durante a transición política.

Avelino Pousa recibiu o premio que con anterioridade foi entregado a persoeiros como Isaac Díaz Pardo, Neira Vilas, Xosé Maneul Beiras, o actor Luis Tosar, ou o grupo Milladoiro entre outros. Os actos inclúen un xantar de amizade no corazón de Láncara, terra onde naceu Ramón Piñeiro.

O presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, anunciou no acto que a celebración solemne do Día das Letras Galegas terá lugar o 17 de maio do 2009 na vila de Láncara. Daquela a RAG reunirá o seu plenario nestas terras de Lugo, en memoria de Ramón Piñeiro.

Compartir na redes sociais: