Novo libro de Manuel Janeiro

Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, fixo unha glosa do autor, a quen situou en Vigo contra finais dos anos 70, data en que se coñeceron. "Falar de Manuel Janeiro é falar dos amigos, da crónica sentimental que nos acompaña durante toda a vida, mais tamén da imaxe gráfica do libro galego, daquel proceso […]
Neve en Trasalba

Animámoste a dar un paseo virtual polo Trasalba nebado vendo as fotos que preparamos para ti no noso blog.
2 x 1

Cando se ten a sorte de convivir con máis dunha lingua é difícil comprender que un feito tan positivo e enriquecedor poida ser obxecto de polémicas e enfrontamentos. Vivo en Cataluña, e poucas veces escoitei á xente queixarse de que o ensino fose en catalán. Hai moitos anos que empregan a súa lingua nos centros, […]
Isto non é o que parece

En maior ou menor medida, os músicos estamos todos tolos. Patoloxicamente falando. A min díxomo o meu psiquiatra, e el disto sabe moito, porque é psiquiatra. Pero tamén porque é músico. En certa ocasión, xa un pouco afectados por demasiadas noites seguidas de xira, algúns compañeiros de Lamatumbá e mais eu decidimos recrear aquela foto […]
A mirada desafiante

Confésome sensible ao peso insoportable das metáforas terribles. Iso pásame por considerar a poesía un contacto íntimo, carnal, coa realidade; por considerar a responsabili – dade social anterior ao feito da creación artística; por considerar calquera acto de xustiza un acto poético. Préstame esa poesía paradoxal que é palabra que estoura en imaxes e palabra […]
Poeta: oficio ou cualificativo?

Nun recente simposio, un autor español mozo declaraba que “o poeta debe ser o faro da sociedade” e eu non me podía sentir menos identificada. De feito, penso que a herdada mitificación e aínda miStificación da poesía, ven sendo a orixe de moitos prexuízos e estereotipos que aturamos os e as que nos dedicamos a […]
PATOLOXÍA

Coma tódalas sociedades, a nosa tamén ten o seu propio malestar na cultura. Unha patoloxía: padece (pathos) da lingua (logos). Freud falou da “patoloxía das comunida- des culturais” e alertounos contra a idea de extrapola-la psicanálise do suxeito ás comunidades. Así e todo, poñendo esta prevención por diante, ¿poderiamos dicir que a cultura galega é […]
A VIDA

Os que me coñecen saben ben do moito que gusto das sentenzas tiradas da música, en especial do rock and roll. É o que temos os músicos frustrados metidos a escritores. Coido que en todos os meus libros hai unha cita de Lennon, entre outros músicos. Neste comezo do ano, quero facer outro tanto, e […]