Galaxia na Feira do Libro de Vigo

O pregón inaugural desta edición estivo a cargo de Camilo Nogueira, que vén de publicar os ensaios Europa, o continente pensado e Galiza na Unión, sobre a construción da Unión Europa e a súa significación para Galiza. Xosé Carlos Caneiro obsequiou o público cun recital literario-musical para presentar a súa última novela A vida nova […]

Olga Gallego, Premio Trasalba 2008

A memoria de Ramón Otero Pedrayo volverá a convocar unha nutrida representación da cultura galega nas instalacións e arredores da casa grande de Cimadevila, na parroquia de Trasalba, concello de Amoeiro, casa petrucia dunha das grandes personalidades das letras galegas contemporáneas. Nesta edición entregarase o Premio Trasalba á arquiveira e documentalista Olga Gallego Domínguez, nun […]

Outro premio para Anxos Sumai

Con esta súa estrea na novela xa obtivera o Premio de Narrativa Breve Repsol YPF, que lle valeu a publicación do orixinal por parte de Editorial Galaxia, e foi galardonada co premio á Autora do Ano 2007 nos Premios da Edición convocados pola AGE. Esta obra que conta a historia dunha liberación a través da […]

Renace a colección Tartaruga de Editorial Galaxia

Cun novo formato, novidoso e cheo de cor, reaparecen "os tartarugas" da man de Antonio García Teijeiro (Coplas, Aloumiños), Palmira G. Boullosa (Arrolos, Adiviñas) e David Otero (Por se che pasa), tres autores pioneiros no traballo de producir textos para os primeiros lectores. Nos cinco libros atoparemos historias cheas de música e de ritmo, todas […]

Alberto Lema presentou "Unha puta percorre Europa"

Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, presentou o acto e desculpou a Constantino Bértolo, director editorial de Caballo de Troya, que vén de publicar o libro en castelán en tradución de Iris Cochón. Bértolo non puido acompañarnos nesta presentación como era o seu desexo e Oriana Méndez foi a encargada de ler o texto […]

"Xosé María Álvarez Blázquez. Ourive de libros"

Esta iniciativa de Editorial Galaxia e El País volveu poñer na rúa 22 títulos da popular colección de peto ideada por Xosé María Álvarez Blázquez, reproducidos en formato facsimilar. Xosé María Álvarez Blázquez. Ourive de libros, biografía do editor, é o último título da serie e o único que non aparecera na etapa orixinal. Incorporámolo […]

Novo director xerente da Fundación Carlos Casares

Cúbrese así o posto no organizativo que quedara baleiro coa marcha de Damián Villalaín a Santiago para ocupar un posto de asesor do Presidente da Xunta. Gustavo A. Garrido fóra colaborador de Carlos Casares dende 1989 no consello de redacción de GRIAL, director da colección de Galaxia "Galicia no espello" e, dende 2006, é responsable […]