O audiovisual galego

Presentados e moderados polo escritor, historiador cinematográfico e crítico de cine e televisión Miguel Anxo Fernández, participaron na mesa redonda o produtor, crítico e xornalista cinematográfico, e na actualidade é responsable de desenvolvemento da produtora Filmax, Pepe Coira, o Presidente de Dygra Films, Manolo Gómez, e o guionista, director de cine e presidente da produtora […]

BO NADAL

E libros para ler, para gozar, para sermos felices, para compartir, para sentir, para emocionarse, para vivir máis, para coñecer mundo, para estar noutros universos. Libros para ser. (Ilustración de Rodrigo Chao para o libro "O prodixio dos zapatos de cristal" de Xosé A. Neira Cruz)

Un novo discurso para a política lingüística en Galicia

"Os grandes defensores da convivencia das linguas e do multilingüismo en Galicia somos os defensores do uso e a normalización do idioma galego, non eses outros que din falar de bilingüismo e que, no fondo, arrastran ou reproducen os vellos prexuizos contra o idioma galego, que son tamén os prexuizos contra a nosa modernidade". Tales […]

Máis visibilidade para o libro galego

No Xornal de Galicia de hoxe ofrécese unha interesante reportaxe na que os responsables da editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes e de Xerais, Manuel Bragado, dán a réplica ás opinións verquidas por algúns libreiros nos últimos días. Pódese ler a información completa no noso blog do que ofrecemos ligazón á dereita destas palabras.

Libros para o Nadal

Falamos de Editorial Galaxia porque é a nosa casa, aínda que podiamos referirnos tamén a outras editoras galegas que nestas datas presentan novidades. Os días de Nadal e Reis son unha excelente ocasión para agasallar libros e a oferta do libro galego non podemos dicir que non resulte variada: para todos os públicos, para gustos […]

Remata a campaña Flis-fli-ris-flás

Mañá sábado remata na cidade de Lugo a campaña de fomento da lingua galega e a lectura, Flis-fli-ris-flás promovida pola Editorial Galaxia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística coa derradeira das 75 funcións de teatro representadas pola compañía Matapiollos dirixida por Jorge Coira. En total, a campaña chegou á totalidade do alumnado de primeiro […]

Encarna Otero presenta a novela de Inma López Silva en Santiago

No Casino de Santiago, Encarna Otero falou con emoción e entusiasmo da novela de Inma López Silva, á que saudou coma unha das creadoras máis valentes, intelixentes e sensibles da narrativa galega contemporánea, protagonizada moi especialmente por mulleres. Memoria de cidades sen luz é a recreación dun mundo literario que ten que ver coa Galicia […]

25 anos de cultura galega en Pontevedra

Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega; Xulio Fernández Gayoso, presidente de Caixanova, e Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, falaron na inauguración da exposición, que permanecerá aberta ata o día 18 de xaneiro. Daquela trasladarase á cidade de Santiago de Compostela, onde continuará a súa itinerancia por Galicia. En nome dos tres […]