Entrega do Premio Repsol a Xosé Luís Martínez Pereiro

O acto estivo presidido pola Secretaria Xeral de Política Lingüística Marisol López Martínez, e contou coa asistencia do novo Director Delegado do Complexo Industrial de Repsol YPF A Coruña, Ángel Crespo, o Director Xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes e o voceiro do xurado Anxo Tarrío. Angel Crespo, novo responsable de Repsol na Coruña, amosou […]

Unha reflexión para o novo milenio

En palabras do seu autor (que en 2002 recibiu o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio por A submisión das masas), o ambicioso proxecto editorial (nove volumes) é o resultado dun longo proceso en parte de carácter colectivo, que comezou a principios dos anos 70 e chega practicamente aos nosos días, e no que Basilio Lourenço […]

Aberta a exposición "Editar en galego baixo a censura franquista"

No acto de inauguración participaron Luís Bará Torres, Director Xeral de Creación e Difusión Cultural, Xesús López Carreira, Concelleiro de Cultura do Concello de Vigo, Alfonso Zulueta de Haz, Vicepresidente da Fundación Penzol, e Xosé Manuel Dasilva, Comisario da exposición. Nas súas intervencións todos salientaron o papel nefasto que a censura franquista tivo sobre o […]

No pasado mes de agosto, morreu en Madrid o escritor Fariña Jamardo

"Non sei se a morte de Fariña tivo algún eco entre nós", escribe Vicente Araguas, "mais eu, que adoito transitar polos nosos xornais, nada atopara ao respecto. E non é ata agora que sei por Manolo Pereira Valcárcel que o noso compañeiro de tertulia no Comercial finara o 19 de agosto no ano en curso, […]

O espectáculo teatral FLIS-FLI-RIS-FLÁS en Vigo

No espectáculo os asistentes terán que axudar ao protagonista no seu descenso aos abismos mariños nunha aventura na que a música e os libros están moi presentes. A música, de feito, é un elemento esencial neste espectáculo teatral que xoga coa técnica do teatro negro para conseguir fermosos efectos que sorprenderán aos espectadores. A obra […]

Carlos G. Reigosa, Premio Torrente Ballester

Carlos G. Reigosa súmase así á nómina de prestixiosos gañadores deste certame entre os que se atopan escritores como Manuel Rivas ou Víctor F. Freixanes. En A vida do outro, Reigosa asume a tarefa de contar unha parte importante, e moi recente, da vida e da historia españolas desde os ollos dun xornalista que, condicionado […]

Estudantes de bacharelato con Otero Pedrayo en Trasalba

A actriz Sabela Gago preparou un espectáculo teatral, nas instalacións da casa grande de Cimadevila, sede da Fundación Otero Pedrayo, para recrear diante de estudantes de bacharelato a obra do escritor. Trátase de pequenos retallos da obra de don Ramón, tirados preferentemente dos libros Contos de santos e nadal e Contos do camiño e da […]