A exposición "A ollada do desexo" en Vigo

Rosendo Covelo, director do Verbum, e Carlos Lema, comisario da exposición, foron os encargados da presentación da exposición, que foi seguida por unha visita guiada a todos os presentes a cargo do comisario. Eduardo Blanco Amor é un dos autores máis importantes da literatura galega do século XX. A súa obra literaria abrangue todos os […]
VIII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro

Nace este premio en memoria do escritor e filósofo Ramón Piñeiro, na tradición do pensamento literario e o xénero de ensaio, e acóllese ao espírito que inspirou a traxectoria intelectual da persoa á que se honra, coa intención de impulsar as formas de creación e expresión do pensamento libre e democrático, a precisión e o […]
Galaxia publica a nova novela de Pamuk, O MUSEO DA INOCENCIA

A Biblioteca Compostela, colección publicada coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Santiago e que xa ten entre os seus títulos O castelo branco, a primeira novela do escritor turco, e Istambul, o libro de lembranzas no que percorre a súa cidade natal, acollerá entre as novidades para 2009 esta esperada novela de […]
ESTÚRDIGA MATERIA, LIBRO GALEGO DO ANO 2008

Este galardón ten unha importancia singular na medida en que son os propios lectores, a través das súas votacións na rede, os que outorgan o premio. O libro de Tosar, así, foi o máis votado e deste xeito confirma o éxito que, a nivel de crítica especializada e de lectores, está a colleitar a súa […]
A revista GRIAL entre as dez primeiras publicacións hispanas nas universidades USA

Na pasada edición do Liber, que se celebrou en Barcelona no mes de outubro, presentouse un informe sobre a presenza das revistas de cultura de ámbito hispano (en castelán, éuscaro, catalán e galego) nas universidades norteamericanas. O informe, promovido por ARCE (Asociación de Revistas Culturales de España), foi realizado polo profesor Adán Griego, "curator for […]
OS 96 ANOS DO MESTRE

Francisco Fernández del Riego cumpriu onte 96 activos anos. Don Paco, nado en Lourenzá no ano 1913, é memoria presente do galeguismo histórico e toda unha referencia intelectual para xeracións enteiras de galegos e galegas, así como peza esencial para entender a fundación da Editorial Galaxia, na que participou aquel 25 de xullo de 1950, […]
GRIAL conmemora os primeiros pasos da radio en Galicia

As primeiras emisións de Unión Radio Galicia escomenzaron arredor do 15 de xaneiro dese ano. Disque Antón Fraguas foi o seu primeiro locutor de continuidade, locutor afeccionado e espontáneo, en período de probas, e que o primeiro sinal foi un poema de Fermín Bouza-Brey, segundo gostaba de explicar don Antón, xunto coas badaladas da catedral. […]
QUE NON FALTEN LIBROS

Os pais e as nais queremos o mellor para as crianzas e sabemos que todo o que lle deamos é sempre pouco. Por iso é importante, sabémolo, desde moi nenos fomentar o amor polos libros e a lectura. Non hai contraindicacións. Todo son beneficios. Ler só fai ben. E hai libros para todas e para […]