"Vida e obra de Ramón Piñeiro" é o primeiro dos volumes que con Ramón Piñeiro de protagonista este ano dará ao prelo a Editorial Galaxia.
Neste caso, a autora de "Valdamor" Beatriz García Turnes ofrécenos unha biografía e unha antoloxía nas que se sintetizan e recollen tanto a obra coma as distintas facetas da vida de Ramón Piñeiro.
O estudo percorre as distintas facetas da biografía do escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2009 e achega unha selección de textos que abranguen a súa importante actividade epistolar, a súa concepción do papel da lingua na sociedade, os ensaios sobre a saudade e a función da literatura como expresión da cultura dun pobo.
Desde o noso blog podes descargarte as primeiras páxinas deste libro.