Cereixeiras en Trasalba

A casa grande de Trasalba será o próximo día 28 unha festa: homenaxe a Xosé Manuel Beiras, Premio Trasalba na súa XXVII edición. E as cerdeiras da horta enchéronse de cores. Unha fantasía. Dende o corredor e a solaina deseñada por Castelao, ollamos estes ramos inzados de froita, onde veñen polas mañás a peteirar os […]
Catro historias de emigrantes

Hoxe ás 20 horas na librería Couceiro de Santiago, o libreiro galego e editor establecido en Montevideo, Manuel Losa, presentará o seu libro "Catro historias de emigrantes". No acto estará acompañado por Pilar Cagiao e Víctor F. Freixanes. Previamente, ás 12 horas, celebrarase unha rolda de prensa no salón de actos do Consello da Cultura […]
Marcos Valcárcel, medalla Castelao

Onte, a Xunta de Galicia deu a coñecer os nomes dos galardoados este ano coas prestixiosas medallas Castelao. Ademais de Tarsy Carballas, Fernando Diz-Lois, García Alén e Fernando Pérez-Barreiro, o historiador e divulgador Marcos Valcárcel, sen dúbida un dos máis importantes coñecedores da literatura galega, é outro dos merecentes deste importante galardón que se vén […]
Homenaxe a Celestino Fernández de la Vega

A recopilación "Ensaios a proba do tempo", título que escollera en vida o propio Celestino Fernández de la Vega, en 1974, cando ordenou estes traballos para a súa edición, daquela non consumada, reúne ensaios que van dende 1951: "Cultura y comunicación", publicado no primeiro dos Cadernos Grial (1951) a outros distintas épocas e temas: "Perfil […]
Inauguración da exposición "Ramón Piñeiro. Olladas no futuro"

Hoxe, ás 20 horas, na sala de tertulia do Liceo de Ourense, celebrarase o acto de inauguración da exposición "Ramón Piñeiro. Olladas no futuro". Editorial Galaxia, a Fundación Penzol, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a Presidencia da Xunta de Galicia organizan esta exposión sobre a figura e a obra de […]
Inauguración da exposición "Galicia 25" en Lugo

A exposición "Galicia 25. Unha cultura para un novo século" que está a itinerar por toda Galicia e que conmemora os 25 anos do Consello da Cultura Galega, abrirá mañá as súas portas en Lugo, no Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos. Organizada polo Consello da Cultura Galega, en colaboración con Caixanova, percorreu […]
Domingo Villar en Vigo

Domingo Villar manterá hoxe un encontro cos seus lectores en Vigo, arredor da súa nova novela "A praia dos afogados", segunda entrega das protagonizadas polo inspector Leo Caldas, protagonista tamén da moi celebrada "Ollos de auga". Nesta ocasión, o inspector terá que enfrontarse a un caso ben difícil: a aparición do cadáver dun mariñeiro coas […]
Presentación de dous libros de Celestino Fernández de la Vega en Lugo

O acto será mañá martes 9 de xuño, ás 20 horas, no salón de actos do Pazo de San Marcos, na Deputación Provincial de Lugo e participarán neste acto Tonina Gay, presidenta do Club Cultural Valle-Inclán, Víctor F. Freixanes, director de Editorial Galaxia, e Antón Baamonde, profesor de filosofía e ensaísta. En "O segredo do […]