¿Hai tabús na literatura infantil e xuvenil?

Hoxe, ás sete do serán, dentro dos actos organizados no marco da Feira do Libro de Lugo, o escritor Francisco Castro manterá unha conversa co público arredor da existencia ou non de tabús na literatura infantil e xuvenil. Castro vén de publicar na colección Árbore 12 anos o seu novo libro "Chamádeme Simbad", no que […]

A importancia de ler a Piñeiro

Beatriz García Turnes preparou para a Editorial Galaxia o volume "Vida e Obra de Ramón Piñeiro," un texto esencial no que, ademais de facer unha viaxe pola súa vida de compromiso co país, nos ofrece unha antoloxía moi completa que nos permite acceder aos textos fundamentais do autor de Láncara. A escritora e profesora compostelana […]

Miles de persoas reafirman a vontade da lingua

Mentres en Láncara se celebraban os actos da Real Academia Galega arredor da memoria de Ramón Piñeiro, as rúas de Santiago de Compostela enchéronse de manifestantes a prol da lingua, convocados dende hai días pola Mesa pola Normalización Lingüística, con proclamas e pancartas reivindicando o galego na escola, o dereito da sociedade galega a educar […]

Ramón Piñeiro. Olladas no futuro

Organizada pola Editorial Galaxia, a Fundación Penzol, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a Presidencia da Xunta de Galicia inaugurouse en Lugo a máis importante exposición de todas cantas mostras durante este ano poderemos ver sobre Piñeiro e que leva o explícito título de "Ramón Piñeiro: olladas no futuro". Ata o […]

Inaugurado o gabinete de Ramón Piñeiro

Desde hoxe xoves, na Casa Galega da Cultura, sede da Fundación Penzol, grande impulsora deste proxecto, xa é posible visitar a reconstrución do gabinete de Ramón Piñeiro. Nun fermoso e emotivo acto, quedou aberta a recreación da famosa habitación da rúa Xelmírez 15 na que tantas xeracións se formaron no espírito e conciencia de Galicia […]

Renace o gabinete de Ramón Piñeiro

A partir de hoxe quedará instalado, na Casa Galega da Cultura de Vigo, onde ten a súa sede a Fundación Penzol, o gabinete de Ramón Piñeiro, berce socrático para xeracións de galeguistas que coñeceron con el, ao redor dunha mesa que era tamén un xeito de sentir a terra, o significado da conciencia de Galicia. […]

Libros para Piñeiro

A Editorial Galaxia presentará hoxe ás 20 horas na librería Couceiro de Santiago, tres novas publicacións que nos van permitir coñecer mellor a figura inmensa de Ramón Piñeiro, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Por unha banda, presentaremos o libro DO SENTIMENTO Á CONCIENCIA DE GALICIA. CORRESPONDENCIA 1961-1884. BASILIO LOSADA e RAMÓN […]

Na noite meiga

Esta noite os galegos celebramos unha das nosas festas populares máis fermosas. A noite de San Xoán é un pretexto para estarmos na rúa, ao carón das lumieiras cacharelas que nos recordan que, en efecto, todo é fugaz, pero que todo tamén se rexenera e que todo é cíclico e cambia, polo xeral, para mellor. […]