Hoxe, ás sete do serán, dentro dos actos organizados no marco da Feira do Libro de Lugo, o escritor Francisco Castro manterá unha conversa co público arredor da existencia ou non de tabús na literatura infantil e xuvenil. Castro vén de publicar na colección Árbore 12 anos o seu novo libro "Chamádeme Simbad", no que aborda a problemática do Alzheimer así como o maltrato que reciben moitas persoas maiores. Un texto que pretende poñer aos cativos e cativas diante dun aspecto da realidade que en moitas ocasións é ignorado polo conxunto da sociedade.
O acto será conducido polo tamén escritor Manuel Darriba.