Galegos que queren galego

O lema que finalmente quedará da multitudinaria manifestación onte en Santiago a prol do galego, son os versos do poeta Uxío Novoneyra: 'A forza do noso amor non pode ser inútil'. Porque iso foi o que onte se sentíu nas rúas de Compostela: amor polo galego, polo noso, pola historia que temos detrás e polo […]
Un GRIAL dixital

O novo número da revista GRIAL xa está nas librerías galegas. Dedicada nesta ocasión á figura do recentemente finado Anxo Rei Ballesteros, chega ao público ao tempo que, como levamos xa meses facendo, pode ser descargada dende o Quiosco Dixital de ARCE ( dende o enderezo web http://revistasculturales.publidisa.com/index.aspx ) en cuestión de poucos días. Daquela, […]
Gran éxito de 'Comedia Bífida' entre os escolares galegos

Cando levamos xa varias semanas de funcionamento da campaña ideada por Galaxia e impulsada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, 'En galego, por que non?', a primeira avaliación que podemos facer non pode ser máis positiva. Á saída dos teatros, tanto alumnas e alumnos de bacharelato, para os que vai dirixida a campaña, como os […]
Un Galeúsca reivindicativo

Como cada ano, celebrouse, desta volta en Arantzazu (Euskadi) o encontro anual de escritores galegos, vascos e cataláns, nesta ocasión reunidos durante tres días para reflexionar arredor dos grandes retos aos que se enfrontan as literaturas dos países con linguas minorizadas. Entre as distintas conclusións das xornadas, os escritores participantes, dos tres países, decidiron sumarse […]
Homenaxe a Ramón Cabanillas no Grove

Editorial Galaxia e a Concellería de Cultura do Concello de Grove organizan esta homenaxe a Ramón Cabanillas de quen este ano se conmemora o medio século do seu pasamento. Este sábado 10 de outubro, ás 19.30 h, na Casa da Cultura Lueiro Rei do Grove presentarase o libro RAMÓN CABANILLAS. CRÓNICA DE DESTERROS E SAUDADES, […]
A literatura galega en Fráncfort

Onte inaugurouse a Feira de Fráncfort, a mostra do libro máis grande do mundo. A mostra alemana é a gran cita anual relacionada cos libros e toda unha referencia no sector. O país convidado nesta ocasión é China e un dos temas estrelas da mesma, sen dúbida, será todo o relacionado co libro electrónico. A […]
Yolanda Castaño, no Absolut Young Poetry

Canda autores e autoras vascos, galeses, occitanos e de diversos dialectos italianos, a poeta galega Yolanda Castaño participará mañá nunha mesa redonda e ofrecerá un recital multimedia. Absolute Poetry celébrase dende 2005 na cidade de Monfalcone, reunindo poetas de diferentes procedencias. Un dos seus campos de interese é a atención aos dialectos e ás linguas […]
O futuro que fica no pasado

A muller achegóuseme no remate dunha tertulia literaria. Nese momento derradeiro no que algúns queren saudar cun bico ata a próxima vez e no que outros teñen algo que comentar ou que pedir. A muller agardou a súa quenda e cando xa non quedaban outros interesados en falar, pediume un momento para unha consulta. A […]