Yolanda Castaño, no Absolut Young Poetry

Categoría: Nova

Canda autores e autoras vascos, galeses, occitanos e de diversos dialectos italianos, a poeta galega Yolanda Castaño participará mañá nunha mesa redonda e ofrecerá un recital multimedia.
Absolute Poetry celébrase dende 2005 na cidade de Monfalcone, reunindo poetas de diferentes procedencias. Un dos seus campos de interese é a atención aos dialectos e ás linguas minorizadas de Europa, convidando a autores chegados dende linguas como o galés, o occitano, o éuscaro, o galego, o ladino e dialectos italianos coma o lucano, o véneto ou o milanés.
Yolanda Castaño participará mañá nunha mesa redonda e igualmente ofrecerá un recital poético multimedia xunta outros convidados, fusionando, como é habitual no seu traballo ao vivo, a palabra lírica coa música e a imaxe.

Compartir na redes sociais: