Presentación de "Carta urxente para Máximo Toxo"

Mañá martes, e dentro do programa de actos do Salón do Libro de Pontevedra, a compañía Talía Teatro representará a obra, 'Carta urxente para Máximo Toxo' de Diego Rey. Posteriormente terá lugar a presentación do libro do mesmo título. Participarán o autor do texto, Diego Rey, o ilustrador, Rubén Prieto, e o editor, Francisco Castro. […]
LUME DE COBIZA en Ribadavia

Domingo pola mañá pode ser unha máis que boa hora para escoitar falar de libros, de detectives, e dunha das novelas de máis éxito dos últimos anos no noso sistema literario e da que vimos de tirar a segunda edición. Así, o escritor Miguel Anxo Fernández dará unha charla sobre o seu último libro, 'Lume […]
Deixounos don Xaime

Non é doado resumir nunhas poucas liñas o sentimento que deixa en todos nós, homes e mulleres da Editorial Galaxia, o pasamento de Xaime Isla Couto, un dos nosos fundadores. Convivimos con el durante anos e durante anos sentimos arredor o seu pulo, o seu entusiasmo contaxioso, as súas ganas de vivir, esa capacidade de […]
Mañá en Santiago presentamos 'Globalización e imperialismo cultural'

Será mañá martes, ás 20 h, na librería Couceiro de Compostela, e ademais de Manuel Outeiriño, van intervir Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, e Antón Figueroa, catedrático de Literatura Francesa na Facultade de Filoloxía da USC. No libro participan algúns dos ensaístas de maior prestixio internacional verbo do fenómeno da globalización: Martin Albrow, […]
Presentouse UN SOÑO NA BANDEXA con pictogramas

O pasado luns presentamos no Auditorio do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, 'Un soño na bandexa' de Mariné Lorenzo Corcoba, nunha nova edición con pictogramas e que elaboramos en colaboración coa Fundación Menela, e pensada para que tamén poidan gozar da lectura, en galego, os afectados polo Transtorno do Espectro do Autismo. No acto, […]
Publicamos o primeiro libro infantil con pictogramas en galego

Hoxe, 2 de abril conmemórase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Segundo estudos epidemiolóxicos da Organización Mundial do Autismo, 1 de cada 150 nenas e nenos en idade escolar poderían presentar un Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), polo que a detección temperá debe ser unha prioridade na intervención e orientación dos TEA, […]
Carlos Casares escribe sobre Riveiro Coello

O 11 de xaneiro de 2001, no seu moi popular espazo de La Voz de Galicia, Á marxe, Carlos Casares falaba dun dos autores galegos que máis teñen reivindicado a súa paixón por el. Referímonos a Antón Riveiro Coello. Pola súa curiosidade, deixamos aquí algúns fragmentos daquela columna na que Casares apreciaba, entre outras cousas, […]
O señorito da Reboraina

Foi Xosé Luís Méndez Ferrín, actual director da Real Academia Galega, quen definiu esta obra de Ramón Otero Pedrayo como "unha obra mestra da novelística galega en termos absolutos". Nesta novela, editada orixinalmente no ano 1960, Ramón Otero Pedrayo céntrase na figura de Xoán Manuel Pereira, un dos grandes revolucionarios liberais e progresistas da Galicia […]