Todos mirabamos o mesmo

Foi un andar de outono por un anaco do camiño xacobeo. Comezaramos no Cebreiro cunha cea de acollida e dando conta, por aquilo de coller forzas e facer boca, dun cabrito ao forno en compañía de viño xeneroso e de pan mestura de trigo e centeo (lugués de todo). Catro días despois acabamos o andar […]

Crónica das Letras 2012 en Madrid

Xa pasaron quince anos. Quince anos (e máis do nacemento) dun movemento literario de expresión galega en Madrid que foi chamado Grupo Bilbao e que quedou con ese nome non se sabe moi ben por que razóns. Hai moitas incógnitas arredor del, aínda que pareza mentira, como quen é parte dese grupo exactamente (moita brincadeira […]

VPA e a crise

Hai uns días, o fillo de Valentín Paz-Andrade puña ao seu pai como exemplo posible de camiño a imitar para sair da crise. A idea deixoume pensando un bo anaco. E cheguei a conclusión de que si. Claro que si. Valentín Paz-Andrade é digno de admiración como home de letras, como galeguista comprometido cunha idea […]

Sétima edición para un clásico xuvenil de aventuras

É un clásico da literatura xuvenil. Unha historia trepidante dende o instante primeiro, cando Carlota explica que nos vai relatar unha historia terrible que lle pasou, con só trece anos, cando é acusada do asasinato do barco que ten que levala dende Inglaterra aos Estados Unidos. Estamos no século XIX, nos comezos, época aínda de […]

Xa podes mercar as camisetas de Mamá Cabra dende a web

O grupo Mamá Cabra pechou o ano cunha xira que concertos organizados pola nosa editorial nos que encheu practicamente todos os espazos onde tocaron. Os seus seguidores, ademais de facerse cos dous libro-discos ata o de agora editados por Galaxia, 'Ola, ola, la!' e 'Xa me tardan estes magos', amosaron a súa (agradable) sorpresa ao […]

Querido Tomás

Dentro da Biblioteca Neira Vilas seguimos tirando do prelo os seus grandes clásicos. Así, a finais do ano pasado chegaba ás librerías 'Querido Tomás', un texto que orixinalmente se publicara no ano 1980 en Ediciós do Castro e que agora ve a luz nesta nova colección. Ao igual que acontecera con 'Memorias dun neno labrego', […]

Entrevista con Teresa Moure

A semana pasada Teresa Moure facíase co Premio Ramón Piñeiro de Ensaio coa obra 'Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións’. Co gallo deste galardón mantivemos unha entrevista con ela. PREGUNTA: É a segunda vez que gañas este premio. Dende o primeiro galardón a hoxe, a voz de Teresa Moure cobrou unha […]

Recital-concerto de presentación do libro DESPOIS DE TI, A CHUVIA

Hoxe martes ás 20.30 horas presentaremos, cun concerto, no Teatro Principal de Ourense o novo libro-disco de Xosé Carlos Caneiro, 'Despois de ti, a chuvia' e no que o músico Emilio Rúa puxo a súa voz. No concerto de mañá actuará tamén José Gayoso, outro dos músicos implicados no proxecto. Estamos diante dun impoñente proxecto […]