Descarga de balde o conto ‘Un polbo xigante’ na voz de Carlos Casares

Deixamos hoxe aquí para a súa descarga de balde, o conto UNPOLBO XIGANTE que Carlos Casares leu na Real Academia Galega o 27 de outubro de 1999 e que nós incorporamos ao libro do mesmo título que temos en catálogo. Para acceder á descarga tes que premer na ligazón da dereita destas liñas. Seguro que […]
A Real Academia Galega con Torres Queiruga

Son moitas as expresións de solidariedade que chegan tamén a nós como editores e compañeiros de Andrés Torres Queiruga, teólogo de recoñecido prestixio internacional que nos últimos tempos vén tendo problemas coa Comisión Episcopal para a Doutrina da Fe, de España. Entre os últimos pronunciamentos de apoio que vén de recibir Torres Queiruga está o […]
Versos en flor

Hai uns anos, Carlos Fontes sorprendíanos a todos coa publicación de 'Poemas con piruleta', un libro de poemas dirixido aos máis pequechos e que ilustrou o recoñecido pintor Leandro Lamas. Agora, os dous repiten fórmula, e de novo na colección Tartaruga, coa publicación de 'Versos en flor', un libro para gozar da palabra e saber […]
Homenaxe a Paco Martín no Salón do Libro de Pontevedra

Rodeado de amigos, admiradores e lectores Paco Martín (Lugo, 1940) recibiu a homenaxe da literatura galega no Salón do Libro Infantil e Xuvenil que anualmente se celebra en Pontevedra. O sábado o salón clausurou a súa XIII edición (12+1). "Aquí estamos a xeración de Ramón Lamote", anunciaron Xavier P. Docampo e Agustín Fernández Paz, chairegos […]
Homenaxe a Paco Martín

Este sábado, ás 13 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra, o escritor Paco Martín recibirá a homenaxe do Salón do Libro. Sen dúbida, unha homenaxe máis que merecida ao autor de 'Das cousas de Ramón Lamote', libro polo que recibiría o Premio Nacional de Literatura do Ministerio de Cultura, sendo o primeiro dos nosos […]
ON A BENDER

Hoxe, a editorial Planet presenta en Cardiff (Gales) a tradución ao inglés, da man de Craig Patterson, bo coñecedor da nosa literatura, de A Esmorga, a novela de Eduardo Blanco Amor e baixo do título de ON A BENDER. O libro, sen dúbida un dos máis complexos de traducir de todo o canon galego, ve […]
Publicamos un libro con Pictogramas
O 2 de abril conmemórase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Segundo estudos epidemiolóxicos da Organización Mundial do Autismo, 1 de cada 150 nenas e nenos en idade escolar poderían presentar un Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), polo que a detección temperá debe ser unha prioridade na intervención e orientación dos TEA, […]
ESPERANDO O LEITEIRO

Un dos mestres da narrativa galega contemporánea, o escritor Xosé Neira Vilas, autor de Memorias dun neno labrego, publica a súa nova novela, Esperando o leiteiro. Un monólogo sen pausas no que narra a vida dun mozo campesiño mentres agarda para iniciar a viaxe que, a mediados do século XX, o ha levar da súa […]