Presentouse 'O soldadiño de chumbo' na Coruña

Onte, e coincidindo coa apertura do Centro Ágora, unha enorme e fermosísima bibioteca na Coruña, Virginia Curiá, unha das directoras da curta que acompaña o libro 'O soldadiño de chumbo' e o editor do libro, o escritor Francisco Castro, presentaron esta obra, así como a súa aplicación para iPad e iPhone diante dunha sala ateigada […]

Fin de semana de presentacións

Esta fin de semana vai ser especialmente intensa no que se refire a libros do noso catálogo. Así, por unha banda, o sábado 28 de xaneiro, ás 12:00 horas, presentaremos o libro VIVIR, UNHA AVENTURA IRREPETÍBEL. BIOGRAFÍA DE Mª DO CARME KRUKEMBERG, de Mercedes Queixas, coa presenza da autora e mais do escritor e editor […]

Vinte e sete edicións de Ramón Lamote

No ano de 1986 recibía o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil o libro de Paco Martín 'Das cousas de Ramón Lamote'. Dende aquela, non deixou de venderse e de reeditarse unha e outra vez. A unanimidade de críticos e lectorado, mozo ou adulto, sempre foi intensa e, de feito, hai críticos que acuñaron […]

2044, de Eduardo Santiago

¿Qué pasaría se un videoxogo se convertese en real? ¿Qué pasaría se todos tivesemos un dobre que nos quixese asasinar? ¿Qué pasaría se a realidade virtual e a física se confundisen? Un libro intrigante que te enganchará dende o primeiro parágrafo. Ano 2044. Achégase o aniversario de Lena. Cal será a sorpresa preparada para os […]

Dous libros de Galaxia, premiados na web Fervenzas Literarias

Un ano máis, a referencial web Fervenzas Literarias, que hai tan pouco renovou o seu aspecto, vén de dar a coñecer os resultados da enquisa feita entre os seus lectores e lectoras na procura dos mellores libros do ano que vén de rematar. Varios libros de Galaxia atópanse nos primeiros postos entre as preferencias dos […]

Rosalía viva

Hoxe celébrase en todo o país o Día de Rosalía. Unha iniciativa nacida da AELG, e apoiada por moitos colectivos como Gálix e que a nosa Editorial tamén seduce, lévanos hoxe a pedir á cidadanía que merquen un libro e unha flor para agasallar. Mais non un libro calquera. Hoxe hai que mercar un libro […]

Presentación de LAURA NO DESERTO na Pobra do Caramiñal

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, o Liceo Pueblense e a Editorial Galaxia únense para convidar a todo o público interesado á saida dun novo número de 'A Voz de Barbantia' e á presentación de LAURA NO DESERTO, de Antón Riveiro Coello. O acto terá lugar mañá venres 24 de febreiro, ás 20:30 […]

Conferencia de Eduardo Santiago, autor de '2044'

"A experiencia de escribir ficción científica" é o título da conferencia de Eduardo Santiago, que será presentado por Luisa Martínez Lorenzo, da Unidade de Cultura Científica (CSIC) de Galicia. Esta conferencia enmárcase dentro dos actos de divulgación do II Concurso de Relatos de Ficción Científica INSPIRACIENCIA no que participa Galaxia e que, grazas a esta […]