O peizoque Roque

Estes días irá chegando ás librerías de todo o país o debut como autora para público infantil de Dores Tembrás. Galaxia publica 'O peizoque Roque', un álbum na colección OS DUROS, ilustrada fermosamente por Xosé Tomás. Estamos diante dun delicado exercicio poético que nos pon diante da historia dun peizoquiño ben curioso, que quere alimentarse […]
Aranga rendeuse ante "O Señor das dunas"

Esta fin de semana, como todas as fins de semana dende hai meses, seguiu desenvolvéndose o Programa de Dinamización Lingüística "FalaRedes", e na que unha produción de Merlín Comunicación, do Grupo Editorial Galaxia, en colaboración con Adarme Visual, está a ter un protagonismo moi especial. A obra 'O señor das dunas', destinada ao público xeral, […]
Haruki Murakami, candidato ao Premio Príncipe de Asturias

O autor xaponés, de quen publicamos en Galaxia a súa obra, está hoxe na lista de escritores finalistas para afacerse cun dos galardóns máis cobizados da literatura mundial, o Príncipe de Asturias das Letras 2012. O premio fallarase durante a xornada de hoxe en Oviedo. Murakami (1949) é un dos grandes referentes da literatura actual […]
ESPERANDO O LEITEIRO en Compostela

A Biblioteca Ánxel Casal (Avda. Xoán XXIII) acolle esta tarde, ás 20:00 h, a presentación deste novo título na longa traxectoria dun dos mestres da narrativa galega contemporánea. O acto contará coas intervencións de Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Dolores Vilavedra, crítica literaria, e o […]
A gran obra sobre Murguía

Xusto antes das Letras, Editorial Galaxia botaba a andar a colección 'Grandes Biografías' que, como ben o seu nome indica, vai publicar grandes estudos centrados nos persoeiros máis importantes da nosa cultura. A colección inciábase co monumental traballo de Valentín Paz-Andrade, 'Castelao na luz e na sombra', do que xa falamos dabondo aquí, e con […]
Este sábado comeza o Outlet do Libro Galego en Pontevedra

Un completísimo programa que podes descargar na ligazón á dereita destas liñas, conforma segundo Outlet do Libro Galego que terá lugar entre o 21 e o 29 de xullo en Pontevedra, contando coa colaboración do Concello e de dúas librerías da cidade. A iniciativa encrávase dentro da estratexia de promoción e visibilidade dos libros galegos, […]
Inma López Silva presenta TINTA en Vigo

A escritora Inma López Silva presenta o seu novo libro de relatos, 'Tinta'. Estará acompañada polo director literario de Galaxia, Carlos Lema e o profesor Xesús Alonso Montero. Estamos diante dun libro de relatos nos que agroma a semente dalgunha novela xa publicada a carón do paseo, páxina a páxina, de criminais encantadores, soñadoras de […]
Neira Vilas e Antía Cal na Feira do Libro de Vigo

A súa última novela, "Esperando ao leiteiro" está a ser un dos libros máis solicitados, auténtico acontecemento das nosas letras, na liña xa coñecida dun dos nosos autores máis celebrados. Un monólogo sen pausas no que narra a vida dun mozo campesiño mentres agarda para iniciar a viaxe que, a mediados do século XX, o […]