Presentación de QUEER-EMOS UN MUNDO NOVO

A escritora Teresa Moure presenta este ensaio que obtivo o Premio Ramón Piñeiro 2011. Estará acompañada por Víctor F. Freixanes, director de Galaxia, Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Amalia Baltar, de Gas Natural Fenosa, e Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. Este ensaio pretende recoller a potencia subversiva da teoría […]

Cine, concerto de rap, coloquios, presentacións…

O vindeiro 29 de xuño dará comezo a Feira do Libro de Vigo. Como cada ano, Galaxia ten previsto un variado programa de actos para que toda clase de públicos atopen un motivo para achegarse á alameda viguesa e participar dunha das citas culturais máis importantes do ano na cidade olívica. Así, o venres 29 […]

Antonio Piñeiro asina AS FIANDEIRAS

Este venres 15 de xuño, a partir das 18:30 h, Antonio Piñeiro estará na librería Librouro de Vigo, asinando exemplares da súa obra As fiandeiras, Premio de Novela García Barros 2011. Ao longo de toda a tarde o autor departirá cos seus lectores, que ademáis terán nesta ocasión, e por xentileza de Librouro, a oportunidade […]

Premio Trasalba 2012

A pedagoga Antía Cal é a galardoada co Premio Trasalba 2012, que concede anualmente a Fundación Otero Pedrayo como recoñecemento á aportación de distintas figuras á cultura galega. O premio, que ten carácter honorífico, entregarase na festa literaria que se celebra o domingo 24 de xuño, día de San Xoán, na casa grande de Cimadevila, […]

Presentación d'O SABRE DO FRANCÉS en Cambados

Dez anos despois da primeira edición, Galaxia volve publicar O sabre do francés nunha nova edición corrixida e ampliada polo seu autor, Miguel Anxo Fernández. Inclúese un relato inédito, 'A negativa do dragón Émeri Vendermot', e incorpórase 'O sangue dos Cortiña', anteriormente publicado en volume exento. Trece relatos que pretenden recuperar o mellor espírito da […]

Concerto de HABERÁ PRIMAVERA na Coruña

César Morán presenta en directo o traballo musical Haberá primavera, editado por Galaxia, onde pon música aos poemas de Álvaro Cunqueiro. Estará acompañado por Alfonso Morán (contrabaixo) e Roberto Somoza (saxo, frauta traveseira e clarinete). Trátase dun libro de poemas do autor de Mondoñedo, acompañado de dous CDs, un cos poemas musicados por César Morán, […]

Queer-emos un mundo novo

Teresa Moure alzouse co Premio Ramón Piñeiro de ensaio coa súa obra 'Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións', un libro no que a escritora e profesora de Lingüística na Universidade de Santiago sigue profundando nalgunhas das teses sobre a utilización da linguaxe que xa atoparmos en 'As palabras das fillas de […]

Quince edicións para 'Xente no rodicio'

Este mes de maio que xa rematou viu saír do prelo, entre outras novidades bibliográficas interesantes, a primeira edición na Biblioteca Neira Vilas, mais a número quince dende que viu a luz no ano 1965, de 'Xente no rodicio', o primeiro libro de relatos de Xosé Neira Vilas. Nesta nova edición, agora dentro da colección […]