A gran obra sobre Murguía

Categoría: Nova

Xusto antes das Letras, Editorial Galaxia botaba a andar a colección 'Grandes Biografías' que, como ben o seu nome indica, vai publicar grandes estudos centrados nos persoeiros máis importantes da nosa cultura. A colección inciábase co monumental traballo de Valentín Paz-Andrade, 'Castelao na luz e na sombra', do que xa falamos dabondo aquí, e con este libro que hoxe reseñamos: 'Murguía', a cargo do historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández.
Estamos diante dunha obra de case que mil páxinas nas que se revisan todas as perspectivas vitais do que foi primeiro Presidente da Real Academia Galega e esposo de Rosalía de Castro.
Sen dúbida, unha obra esencial para quen queira achegarse a esta figura esencial do galeguismo e da historia do noso país.

Compartir na redes sociais: