Letras Galegas porque si

Letras galegas porque si. Para ser quen somos e o que queremos ser. Por saúde mental. Por saúde social. Por saúde cultural. Para saber o lugar no mundo ao que pertencemos. Para medrar con ese lugar no mundo. Por orgullo do noso. Por respecto a nós mesmos. Por amor. Por amar. Por humor. Por tocar […]

Aparece parte dunha novela e un poema inéditos de Otero Pedrayo

Estes días, a Fundación Penzol, esa fonte inesgotable e esencial de documentación, sen dúbida, a máis importante de Galicia, informaba do descubrimento de parte dunha novela e un poema inéditos de Ramón Otero Pedrayo. O achádego é dunha importancia fundamental e verá a luz na nosa editorial en breve. O descubrimento é froito do traballo […]

Hoxe en Compostela, proxectamos DÚAS LETRAS

O acto, que terá lugar ás 20:30 h no Salón Teatro (rúa Nova, 34), contará coa participación do director e da guionista que presentarán o libro e darán paso á proxección da película. A entrada é de balde ata completar o aforo da sala. Editorial Galaxia vén de publicar Dúas letras, a película de Eloy […]

Festa grande en Trasalba

Foi un día grande, coa casa de don Ramón chea de xente e de agarimos. Antía Cal Vázquez (A Habana, 1923) recibíu o Premio Trasalba na súa trixésima edición por toda unha vida dedicada á docencia, polo seu compromiso con Galicia, pola tradición galeguista propia e familiar, polo seu labor como ensinante (formadora de varias […]

'Futuro imperfecto' de Xulia Alonso, premio Frei Martín Sarmiento

Onte fallouse, na súa categoría máis alta, o Premio Frei Martín Sarmiento, un galardón que recoñece as mellores obras publicadas durante os dous anos anteriores a xuízo dos escolares galegos. Xa que logo, un galardón de gran altura porque significa o refrendo da calidade por parte de lectores e lectoras que teñen a oportunidade, por […]

Galaxia inicia as «Grandes biografías» con MURGUÍA de Xosé Ramón Barreiro

"Manuel Murguía deixa o legado dun sentimento de comunidade, atemporal e integrador, un tesouro que non todos os pobos teñen". Con estas palabras o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quixo dar as grazas "por este inapreciable regalo" ao destacado galeguista e quixo, tamén, facelas extensivas a Xosé Ramón Barreiro pola biografía Murguía, "un libro […]

Presentouse a obra gañadora do XI premio Ramón Piñeiro de ensaio

A undécima edición deste premio foi convocada conxuntamente por Cultura e Educación, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e por Galaxia, coa colaboración de Gas Natural Fenosa. No acto de presentación, nunha ateigada Libraría Pedreira, participaron o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín Garcia, o director xeral de Galaxia, Víctor […]

Presentación da biografía de MURGUÍA na Coruña

Para este xoves está prevista a presentación do libro 'Murguía' que a nosa editorial publica dentro da súa colección de Grandes Biografías e que correu a cargo do historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández. No acto intervirán Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, director xeral de Editorial Galaxia, Xosé Ramón […]