Presentación de O SABRE DO FRANCÉS en Allariz

'O sabre do francés', de Miguel Anxo Fernández, coñece unha nova edición con dous relatos novos que veñen engrandecer un libro de grande éxito entre o público dende o intre mesmo do seu lanzamento. Mañá será presentado, ás 20.30 na Fundación Vicente Risco de Allariz. Quen se achegue por alí terá a oportunidade de partillar […]
Tres libros infanto-xuvenís de Galaxia recoñecidos como os mellores dos publicados en toda España

No seu último número a prestixiosa revista Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil deu a coñecer, como fai cada ano nesta altura, a súa Lista de Honra na que recoñece os mellores libros do ano anterior a nivel de toda España. En cada chanzo de idade un plural xurado de expertos recoñece só dez libros, […]
Presentación de HOTEL CIDADE SUR en Lugo

Xerardo Quintiá presenta este seu último libro, 'Hotel Cidade Sur'. Estará acompañado por Arturo Ponte,de Galaxia, e Miguel-Anxo Murado, escritor. Xerardo Quintiá, narrador e poeta da xeración que comeza a publicar na década de 1990, conta en Hotel Cidade Sur oito "vidas cruzadas". Coa atención posta no fracaso e a inxustiza, coma se a literatura […]
Presentación de 'A princesiña que conducía unha locomotora' no Porriño

Este venres, Clara do Roxo presenta este seu primeiro libro. Estará acompañada por Francisco Castro, editor, e Ledicia Costas, escritora. A novela para rapaces e rapazas foi presentada, con grande éxito, a semana pasada en Vigo e agora toca na localidade porriñesa onde sen dúbida tamén será moi ben acollida. Unha historia de princesas que, […]
DA MÁQUINA, o novo libro de Alberto Lema

Que acontecería se unha máquina desenvolvese consciencia de seu? Cal sería, en tal caso, a súa opinión sobre a orde establecida? O autor de Sidecar parte destes enigmas para poñer os lectores e as lectoras perante unha historia na que se decide nada menos que o futuro da nosa civilización. A novela de Alberto Lema […]
Entrevista con Santiago Lamas

Precisamente desa combinación intelixente e interesante de ideas que suxire o cualificativo "atlántico" e a da ollada desde un lugar concreto, que no caso do autor é a Galicia borrosa dun dos seus libros anteriores, fálase nesta entrevista. P- O seu libro leva como subtítulo a frase "Lecturas dende o cabo do mundo" e, por […]
O Pedrón de Ouro para Nova Escola Galega

O Pergameo de Honra, que anualmente concede a Fundación Pedrón de Ouro, foi para o pintor e grabador ourensán, residente dende hai anos en Madrid, Enrique Ortiz. O Pedrón de Ouro, máximo galardón, para a asociación Nova Escola Galega, creada en 1983, que segue activa, presidida pola profesora Mariló Candedo, quen recolleu o galardón e […]
Conferencia de Domingo Villar en Vigo

O grupo BITRAGA organiza unha conferencia con DOMINGO VILLAR quen disertará arredor da proxección exterior da súa obra. O autor falará das súas novelas 'Ollos de auga' e 'A praia dos afogados' que, ademais de recibiren varios prestixiosos premios, foron xa traducidas a varias linguas como español, francés, inglés, alemán, sueco, polaco etc convertindo ao […]