Este venres, Clara do Roxo presenta este seu primeiro libro. Estará acompañada por Francisco Castro, editor, e Ledicia Costas, escritora. A novela para rapaces e rapazas foi presentada, con grande éxito, a semana pasada en Vigo e agora toca na localidade porriñesa onde sen dúbida tamén será moi ben acollida.
Unha historia de princesas que, mellor que reinar, prefiren conducir locomotoras e vivir grandes aventuras.