Presentación en Compostela de MARÍA FUMAÇA

Uxía, Magín Blanco, Isaac Palacín, Carlos Blanco, Tanxarina Teatro… e un mollo de artistas únense para botar a andar a locomotora musical máis divertida, atolada e sensible que nunca se viu. Esta semana comeza a xeira de presentacións de María Fumaça, un proxecto literario e audiovisual, constituído por un libro con CD e DVD destinado […]

'Camiñantes' de Marcelino Agís, sae en ruso

Estes días, o libro Camiñantes. Un itinerario filosófico que a nosa editorial publicou dentro da súa colección de Ensaio, chega á lingua rusa. Co gallo deste fito, mantivemos unha conversa co seu autor. PREGUNTA: Que significa para ti ver o teu libro traducido ao ruso? RESPOSTA: Para min é unha satisfacción ver como unha obra […]

Falando cos nosos autores

Mañá será un día para falar de literatura en distintos lugares do país, para parolar cos autores e poder coñecer de primeira man os segredos da creación literaria e a intrahistoria dos libros. Así, por unha banda, Xavier Alcalá visitará a Casa da Cultura de Fene, ás 19 horas, dentro do programa de encontros cos […]

A verdadeira historia da mosca da tele

Estes días irá chegando ás librerías de todo o país o libro de María Solar, 'A verdadeira historia da mosca da tele', que publicamos na colección Árbore 10 anos e que, estamos certos, vai engaiolar a moitas lectoras e lectores. María Solar cóntanos neste libro unha historia divertida e moi pouco particular, que nos vai […]

Memoria de don Ramón en Trasalba

A última promoción de alumnos e alumnas do Instituto Arxentino Santiago Apóstol, que estes días percorreron Galicia en viaxe de estudos, fillos e netos de galegos, visitaron a casa grande de Ramón Otero Pedrayo en Trasalba (Amoeiro). Foi un dos encontros máis emocionantes, coa memoria da Xeración Nós, o mapa de Domingo Fontán que tanto […]

Deixounos Blanca Penzol

O pasado sábado despedímola familiares e amigos no cemiterio compostelán de Boisaca. As súas cinzas quedarán depositadas no cemiterio parroquial da vila de Castropol, a carón das do seu esposo Fermín Penzol Labandera (1901-1981). Un e outra foron a alma da Fundación que leva o seu nome, creada en 1963 na órbita de Editorial Galaxia. […]

'Vida e obra de Francisco Añón', presentación en Santiago

Ramón Blanco presenta o seu libro 'Vida e obra de Francisco Añón'. Estará acompañado polo escritor e director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. A publicación do libro enmárcase dentro dos actos de celebración do bicentenario do nacemento de Añón. O libro sae publicado dentro da colección Letras Galegas e constitúe unha completa antoloxía poética […]

Gran éxito de público na presentación de DÚAS LETRAS

No Teatro Principal non cabía ninguén máis. Un diálogo feliz entre o cine e a literatura, a imaxe e a palabra. Eloy Varela e Fina Casalderrey presentaron en casa propia e pola porta grande Dúas letras, a curtametraxe e o libro que Galaxia publica na sua colección de audiolibros e que, logo de poucos meses […]