José María Durán Medraño gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio

A obra 'Da natureza de escritores, artistas e vermes. Ensaio sobre o pracer do traballo nun diálogo con Karl Marx', da que é autor José María Durán Medraño, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2013, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración […]

Saltar nas pozas

É martes e xaneiro en Compostela. Por suposto, chove. Agardo interminablemente nun paso de peóns ás dúas e media da tarde. Unha nena de cabelo loiro e enguedellado, que non sobrepasa en altura o meu embigo, fítame con intensidade e pregunta: “Por que levas unhas botas vermellas?”. Seu pai repréndea. Por impertinente e maleducada, disque. […]

Lembrando a Benxamín Casal

Centenares de persoas tributaron na noite do venres unha homenaxe a Benxamín Casal, no salón rexio do Círculo das Artes, institución que presidiu entre 1979 e 1988 e que, xunto co Clube Cultural Valle-Inclán e a Editorial Galaxia, entidades das que tamén foi presidente, organizaron o acto. Pechouno a filla maior do falecido, Piliña, que […]

'A lúa na colleita' e 'Ulises', recoñecidos nos premios da web Fervenzas Literarias

Esta fin de semana déronse a coñecer os resultados das enquisas nas que participaron os usuarios e usuarias da web Fervenzas Literarias, adicada á literatura galega e que anualmente recoñece, a xuízo dos internautas, os libros mellores do ano anterior en distintas categorías. Como todos os anos, varios libros de Galaxia foron escollidos polos lectores […]

Un espazo para a comunicación cos e coas Accionistas de Galaxia

Na portada da nosa web activouse esta semana unha sección que chamamos ACCIONISTAS e que pretende ser unha ventá aberta pola que circule dun xeito fluído a información entre a Editorial e o seu accionariado, tanto presente como futuro. Nese espazo, iremos publicando toda aquela información que teña relevancia para o coñecemento das persoas que […]

Editorial Galaxia publica 'A volta do xove Príncipe'

A Editorial Galaxia publica estes días 'A volta do Xove Príncipe', un libro, traducido polo poeta galego Luis G. Tosar, de A.G. Roemmers e que, inspirado no clásico de Antoine de Saint-Exupèry, plantea unha historia destinada a lembrarnos as cousas que son realmente importantes na vida: o amor, a familia…en definitiva, todos os valores que […]

Benxamín Casal

Esta fin de semana celebramos en Lugo, no Círculo das Artes, un acto cívico en memoria de Benxamín Casal (1935-2013), que foi presidente da Editorial Galaxia ata agosto do pasado ano. Non foi un acto de despedida. Foi unha celebración: a celebración de coñecer a unha persoa coma el, comprometida co seu tempo e coa […]